Estivemos aprendendo consellos básicos sobre o que deberíamos facer en caso de accidente como: caída, desfalecemento, parada cardio-respiratoria ou atragantamento, entre outros.
Orde de actuación:
1. Observa a contorna, o que puido ocasionar o accidente e protéxete a tí mesmo e ao accidentado.
2. Avisa ao 112 .
3. Comproba se a víctima está consciente e respira.
4. Se respira : Colócaa en posición lateral de seguridade.
5. Se non respira : Abre vía aérea e comenza a RCP 30:2 ( compresións /insuflacións ).
Próximamente agardamos que sexan eles os seguintes en facer este tan necesario taller.
Moitas grazas polo voso traballo e por todo o que aprendimos hoxe con vós !!!
Moi boa idea!!! 👏🏽👏🏽👏🏽
ResponderEliminar