Hoxe celebramos o Día da infancia, o colectivo máis importante do futuro pero tamén o máis vulnerable.
Por iso, varios alumnos e alumnas de 5º EP, quixeron reivindicar algúns dos dereitos que debe tener cada neno e nena de calquera parte do mundo a través da lectura do libro de César Bona "Derechos y deberes de la infancia".
Agardamos que vos guste. Moi ben feito chic@s!!!
Outra das actividades realizadas foi posible grazas ao alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria que percorreron as distintas aulas do centro facendo unhas lecturas moi especiais.
Compartimos con vós algunhas imaxes do día.
|
Aula de 3 anos: "Distinta"
|
|
Aula 4 anos: "Yared e a súa familia" |
|
Aula de 5 anos: "El cazo de Lorenzo"
|
Aula de 1º EP: "Vivan las uñas de colores" |
|
|
Aula de 2º EP: "Como axudo a Antón" |
|
Aula de 3º EP: "No te metas conmigo" |
|
Aula de 4º EP: "Seis reinos" |
E, ademáis, os nenos e nenas máis pequenos do cole, o alumnado de infantil, contaron coa visita de Pamela (nai de Ross e Mael) e Natalia (nai de Marcos) que viñeron facer unha representación do libro "El grúfalo" en teatro de sombras.
Moitas grazas pola visita mamis, quedamos tod@s encantad@s! Volvede pronto a visitarnos.
Agardamos que tivérades unha fermosa xornada e que teñades moitas máis polo menos, polo menos... durante toda a vosa infancia.
E lembrade, tedes o dereito e o deber máis importante do mundo:
Ser felices!!!!
Por se tedes curiosidade por coñecer outros dos vosos dereitos, na biblioteca podedes consultar algúns dos libros referidos aos Dereitos e deberes dos nenos e nenas.