xoves, 28 de novembro de 2019

Mes da ciencia


Novembro é o mes da ciencia en galego e este ano todo o alumnado do centro quixo unirse a esta nova iniciativa que, pensamos, foi todo un éxito.
Grandes e pequenos estivemos investigando, facendo hipóteses e realizando diversos experimentos que queremos compartir con todos vós.
Por iso, podedes visualizar vídeos dalgúns dos experimentos levados a cabo nas aulas nas últimas semanas.

Moitas grazas a todos pola vosa participación. 

Sodes uns magnífic@s científic@s!!!!


                                        

Aula de 3 anos


Aula de 4 anos


Aula de 5 anos


Aula de 1º de Primaria


Aula 2º de Primaria


Aula 3º de Primaria


Aula 4º de Primaria


Aula 5º de Primaria


Aula 6º de Primaria



No cole tedes á vosa disposición unha exposición de libros sobre ciencia para que poidades seguir experimentando en familia así como algúns dos experimentos realizados.

Agardamos que desfrutárades desta experiencia.




martes, 26 de novembro de 2019

25-N

Tal e como vos adiantáramos fai uns días, onte, o 25 de novembro realizáronse diversas actividades para mostrar o noso rexeitamento cara esta difícil problemática.






A primeira hora da mañá, o alumnado de Educación infantil e 1º ciclo de primaria desfrutaron da visita de familias que viñeron realizar un contacontos sobre "O libro dos porcos" e ,posteriormente, unha dinámica que nos fixo reflexionar sobre a inxustiza que a día de hoxe sigue existindo en moitos fogares: a sobrecarga de tarefas domésticas nas mulleres.

O alumnado infantil foi crítico e reflexivo, tanto que déronse conta da necesidade de equilibrar o reparto das tarefas para cada membro da familia e outras realizalas entre todos.

E para o alumnado de ed. primaria contáronnos o conto de "A princesa Carlota e o seu dragón mascota", no que nos mostraron moitos estereotipos que deben ser erradicados. Todas as princesas queren casar? Todos os príncipes son guapos, fortes e valentes??? 

O alumnado a través da dinámica realizada polas familias o deixaron moi claro: 
POR SUPOSTO QUE NON!!!!

 Tod@s somos iguais pero temos características, gustos e aficións diferentes, e como tal, tod@s debemos ter o dereito de facer o que nos faga sentir ben con nós mesmos. 

Moitas grazas a Yolanda, Bea, Susana, Óscar e Pablo pola vosa participación e determinación contra a desigualdade de xénero!







Ademáis, durante o recreo na biblioteca proxectáronse distintos contos e curtas en galego que versan sobre esta temática:






Ás 12 realizouse unha concentración de todo o centro no que cada aula elaborou a súa porta violeta como forma de rexeitamento á violencia de xénero. Escoitamos un manifesto elaborado polo alumnado de 6º de EP e cantamos unidos a versión en lingua galega da canción "A porta violeta" mentres un grupo de alumnas realizaban unha fermosa dramatización que podedes visualizar no seguinte vídeo:






E como broche final, cada alumno e alumna do centro recibiu da man do concello de Carballo uns detalles para non esquecer nunca que:


Todas e todos estamos unid@s contra a violencia de xénero!



Os peques contacontos tamén contan

Podo ler eu tamén algunha vez aos nenos e nenas de infantil???

Esta foi a pregunta que fai uns días fíxonos Aroa, unha alumna do 2º curso de Ed. primaria que estaba desexando ler un conto na aula de 3 anos.

E claro, caímos na conta de que sempre contamos cos maiores do cole para facer lecturas compartidas e nunca lle outorgamos esa posibilidade a outros pequenos (grandes) lectores que temos no centro.

Que unha alumna de 2º quixera ler noutras aulas parecía algo puntual pero resultou ser a porta que abriu o ánimo de outros alumnos e alumnas que están desexando compartir as súas lecturas preferidas con outras compañeiras e compañeiros do centro. Polo que a partir de agora tamén contaremos encantados coa súa participación.

Coincidindo co día contra a violencia de xénero Aroa elixiu o conto "Cuando las niñas vuelan alto", e queremos compartir con vós unha pequena mostra da súa lectura e de cómo logrou captar a atención dos máis pequenos do cole.

Moitas grazas Aroa!


venres, 22 de novembro de 2019

Investigación sobre a desigualdade de xénero

Achégase o día contra a violencia de xénero e o alumnado continúa reflexionando sobre esta problemática que nos afecta a tod@s.

Ao longo deste mes, nas distintas aulas estiveron investigando o papel das mulleres nos deportes en xeral e a súa participación nos xogos olímpicos ao longo da historia para dar resposta ás distintas preguntas formuladas que compartimos hoxe con vós.








Ademáis, nas aulas realizáronse enquisas anónimas para coñecer o reparto de tarefas domésticas que se realizan diariamente en cada un dos fogares. Dos resultados acadados pódese deducir que aínda que se avanzou moito na sociedade e nas familias do noso centro, o peso principal das tarefas dunha casa sigue recaendo nas mulleres.

Finalmente queremos dar as grazas a todas aquelas persoas, nenos e maiores, que compartiron a súa mensaxe de ánimo para eliminar dunha vez por todas a violencia de xénero. Compartimos con vós como se atopa actualmente o taboleiro.





En breve compartiremos con vós a celebración desta data a nivel de centro.

 Tod@s xunt@s contra a violencia de xénero!

mércores, 20 de novembro de 2019

Día da infancia: dereitos e deberes dos nen@s

Hoxe celebramos o Día da infancia, o colectivo máis importante do futuro pero tamén o máis vulnerable. 

Por iso, varios alumnos e alumnas de 5º EP, quixeron reivindicar algúns dos dereitos que debe tener cada neno e nena de calquera parte do mundo a través da lectura do libro de César Bona "Derechos y deberes de la infancia".

Agardamos que vos guste. Moi ben feito chic@s!!!





Outra das actividades realizadas foi posible grazas ao alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria que percorreron as distintas aulas do centro facendo unhas lecturas moi especiais. 

Compartimos con vós algunhas imaxes do día.



Aula de 3 anos: "Distinta"


Aula 4 anos: "Yared e a súa familia"
Aula de 5 anos: "El cazo de Lorenzo"


Aula de 1º EP: "Vivan las uñas de colores"
Aula de 2º EP: "Como axudo a Antón"
Aula de 3º EP: "No te metas conmigo" 
Aula de 4º EP: "Seis reinos"


E, ademáis, os nenos e nenas máis pequenos do cole, o alumnado de infantil, contaron coa visita de Pamela (nai de Ross e Mael) e Natalia (nai de Marcos) que viñeron facer unha representación do libro "El grúfalo" en teatro de sombras. 

Moitas grazas pola visita mamis, quedamos tod@s encantad@s! Volvede pronto a visitarnos.


Agardamos que tivérades unha fermosa xornada e que teñades moitas máis  polo menos, polo menos... durante toda a vosa infancia. 

E lembrade, tedes o dereito e o deber máis importante do mundo: 
Ser felices!!!!

Por se tedes curiosidade por coñecer outros dos vosos dereitos, na biblioteca podedes consultar algúns dos libros referidos aos Dereitos e deberes dos nenos e nenas.

venres, 8 de novembro de 2019

25-N Día contra a violencia de xénero.

Achégase un día no que desafortunadamente debemos seguir dando visibilidade a unha temática que nos afecta a tod@s, e que ogallá nun futuro moi próximo o lembremos botando a vista cara atrás aprendendo dos erros, trátase do día contra a violencia de xénero.

Este curso nas aulas estamos a traballar unha desigualdade máis que existe entre homes e mulleres, esta vez no campo do deporte dentro do noso proxecto de centro.

A través destes traballos de investigación o alumnado poderá observar as inxustizas que existían e que continúan existindo de cara a muller.

Ademais, no noso expositor xa podedes atopar algunhas lecturas recomendadas sobre dita problemática que podedes levar a casa e facer a toda a familia partícipes da súa lectura.








E na entrada do cole xa podedes atopar un taboleiro onde deixar a vosa mensaxe de apoio a todas as persoas que sufren ou sufriron esta problemática dunha forma ou outra. Agardámosvos!!!!!

O 25 de novembro e o resto do ano...
Tod@s unid@s contra a violencia de xénero!









sábado, 2 de novembro de 2019

CURANDEIROS E CURANDEIRAS: SOMBRA, MAL DE OLLO,...

Outra das actividades celebradas este curso para celebrar o Samaín foi a investigación doutros aspectos da nosa cultura galega, nesta ocasión os "curandeiros e curandeiras", persoas importantes na nosa comunidade dende hai moitos anos e, que aínda hoxe en día podemos escoitar falar delas. 
    Para iso, os alumnos e alumnas do centro, foron vendo plantas que se empregaban para tratar certas enfermidades e tamén coñecendo rituais que facían para certas doenzas estas persoas.

    Velaquí vos deixamos unha mostra do seu traballo e como non, dalgunha demostración como CURANDEIROS E CURANDEIRAS.  
    Pinchade en cada unha das imaxes para poder ver os vídeos: