martes, 30 de novembro de 2021

PRENSA NA ESCOLA









 Prensa-Escuela é unha aposta de La Voz de Galicia, para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagoxico no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.


Os obxectivos son:

    • Fomentar o  uso da prensa na aula.

    • Descubrir a diversidade dos medios de información.

    • Incitar aos alumnos a lela prensa utilizando varias fontes e soportes de información.

    • Saber de onde veñen as informacións producidas e difundidas polos medios.

    • Situar no espacio e no tempo, os acontecementos que marcan a actualidade.

    • Recoñecer as diferentes seccións dun periódico.

En definitiva, ser  capaces de usar a prensa como un recurso didáctico, desenvolvendo a creatividade, o sentido crítico e a educación para o lecer.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria está gozando deste proxecto , todos os mércores na Hora de Ler.













2 comentarios: