venres, 13 de maio de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

     Chegou  o día de conmemorar as NOSAS LETRAS, o noso idioma que nos fai fachendosos de entendelo, de falalo e de escoitalo.

   A miña ñai dicíame:  É  moito máis bonito dicir "miña naiciña", que dicir "mi madre". Pois si, mami, ese será o meu cometido: inculcar aos meus nenos e nenas este orgullo noso tan sudable.

O homenaxeado deste ano é:

         Florencio Manuel Delgado Gurriarán

   Na biblioteca contamos con títulos deste autor e novidades deste ano que vos presentamos. O primeiro está pensado na educación inclusiva, e a través de pictogramas axúdanos a comprender dun xeito máis doado as súas historias e os poemas, ao alcance de todas e todos.















E para comezar con forza a semana, aquí temos a  magnífica colaboración das familias de educación infantil , no seu papel de lectores e lectoras. Mirade que imaxes tan suculentas para incentivar o placer da lectura desde ben pequeniñ@s.













1 comentario: