O Samaín tamén se vive entre versos, rimas e moitas ganas de pasalo ben!
Desde a biblioteca do noso cole queremos celebrar esta festividade dun xeito moi especial: grabando co noso alumnado unha selección de poemas de Samaín!
Bruxas, pantasmas, cabazas e outros personaxes misteriosos coláronse na nosa radio escolar para encher as ondas de poesía, imaxinación e un pouquiño de medo… do divertido! 👻🕷️
A través de esta actividade, os nenos e nenas desfrutaron da lectura en voz alta, traballando a entoación, o ritmo, a pronunciación e a expresión oral, ao tempo que descubriron como a poesía pode converterse nun xeito creativo e emocionante de xogas coas palabras.
Convidámosvos a escoitar as nosas gravacións e a desfrutar destes versos terrorificamente divertidos, preparados con moita ilusión polos nosos poetas e locutores.
Pinchade na imaxe para escoitar os audios!
"As almas de Samaín" de Saúl Filgueira.
"O lobo que rouba almas" de Évelyn Ágatha de Araújo.






