O día escolar da non-violencia e a Paz é unha xornada que se empezou a levar a cabo en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal como punto de partida e apoio para unha educación non violenta e pacificadora. Celébrase o día 30 de xaneiro coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Este ano no cole celebrarase o venres 29, pero ao longo de toda a semana traballaremos sobre o tema.
Dende o recuncho de Nuno fíxose unha selección de libros sobre esta temática para as bibliotecas de aula.
Xa podedes disfrutar destes libros nas vosas aulas!
Como este ano o día do ensino coincide en domingo no cole celebrámolo o venres 22. O equipo TIC fixo recomendacións de vídeos sobre a educación nos diferentes países que estaba a visitar Nuno para, deste xeito, dar a coñecer ao alumnado un pouco máis sobre o "seu país".
As actividades levadas a cabo nas aulas consistiron no visionado dos vídeos e posterior reflexión/comparación coa educación española.
Ademais nalgunhas aulas tamén fixeron unha redacción co que descubriron sobre este día:
Así mesmo, visionamos curtas que invitan á reflexión sobre o dereito á educación. No seguinte enlace podedes ver unha curta que emocionou tanto ao alumnado como ao profesorado:
Para a semana que vén o equipo de convivencia propón para infantil traballar sobre o conto "O segredo de Flora", e en primaria investigarase novamente sobre o "seu país", esta vez buscando datos sobre violencia, situacións de guerra recentes... xa que o vindeiro venres celebraremos o día da paz. Polo que... a investigar!
Estamos desexando mostrar todos os descubrimentos no Blog!
Xa fai uns meses falábamos dos dereitos do neno e dos dereitos humanos, nesta publicación imos destacar un deles: o dereito á educación, pois o vindeiro venres 24 celébrase o día internacional do ensino.
Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas polo papel que a educación desempeña na paz e o desenvolvemento.
Para que exista o dereito á educación son imprescindibles os mestres, que loitan contra vento e marea contra todas as adversidades:
Fano con todo o corazón:
Podedes atopar moitas máis ilustracións neste exemplar co que contamos no recuncho de Nuno.
Desfrutade do día e, compañeiros e compañeiras, desfrutade da profesión.
A primeira publicación deste 2021 é para as novas incorporacións á biblioteca. Como vedes hai un pouquiño de todo: comics, novelas, libros de consulta... e, se vos fixades ben, o libro que está no centro é "La vuelta al mundo en 80 días", a famosa novela de Julio Verne na que relata unha viaxe visitando varios países, algúns destes países son os que está a visitar Nuno.
Botádelle un ollo a lista de libros:
Viaje al centro de tierra
La vuelta al mundo en 80 días
Magallanes, la primera vuelta al mundo en 1080 días.
Tú puedes cambiar mundo
De viaje por el mundo
Casas del mundo
Cuentos y poesías (G. Rodari)
Maestros de la música
Versos para comérselos
Animalotes: El comienzo, Misión implumable, Desmadre prehistórico, Supermalotes
¿Qué es un refugiado?
Salvamos o Planeta
A tropa contra o virus
Vampira de biblioteca
A proba de auga
Alcaldesa Vermella
Astérix e os normandos
O menhir de Ouro (Asterix)
La igualdad entre chicas y chicos no es ninguna broma
Bill y Janet
Tom Gates: El mega libro
Amazonas CF: Futboleras en peligro
Tom Gates - Una salida genial
El hijo de Astérix
A ver se Nuno selecciona algúns para as bibliotecas de aula, pois xa está a facer os cambios do segundo trimestre.
Rematamos un gran trimestre. Xa empezou con un reencontro moi especial, despois de moito tempo sen clase, fómonos adaptando as novas normas, acostumándonos a participar nas propostas de Nuno a través de vídeos e fotos, a ter os libros en "cuarentena"... pero aínda con todo isto foi fantástico poder compartir día a día cos nenos e nenas, e foi fantástica a participación das familias. Moitas grazas por facer que este trimestre fora tan marabilloso!
Como cada curso, compartimos con vós esta guía de lecturas recomendadas para que non se vos esqueza pedir un libro como agasallo aos Reis ou Papa Noel. Complementamos o tríptico que recibichedes no sobre das notas con este Genially que fixo Nuno para vós:
Como xa sabedes, este ano as alumnas e alumnos do centro acompañamos a Nuno nas súas viaxes polo mundo.
Nesta ocasión investigamos sobre como se celebra o Nadal nos distintos países que estamos a visitar.
Ademais
aproveitamos a ocasión para gravar e dar comezo a andaina da nosa
radio, xa que este curso estamos inmensamente felices de poder formar
parte do proxecto RADIO NA BIBLIO. Aínda nos queda moito por aprender e organizar pero é o noso primeiro contacto.
Pinchando
nas distintas tarxetas poderedes escoitar os resultados das
investigacións levadas a cabo polas distintas clases do centro.