venres, 13 de setembro de 2019

xoves, 20 de xuño de 2019

BO VERÁN!!!

Desde o equipo de biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina enviámosvos as seguintes recomendacións lectoras para desfrutar este verán.



Que pasedes unhas boas vacacións.
Vémonos en Setembro.

xoves, 6 de xuño de 2019

DESPEDIDA COLABORADORES

Non queremos rematar o curso sin dar as GRAZAS aos nosos colaboradores. Todo o curso estiveron axudando durante os recreos ás distintas tarefas da biblioteca (realizar o préstamo, colocar e ordenar os fondos no seu sitio e controlar que se respecten as normas da biblioteca).
Por iso, hoxe, fixemos unha pequena festa para eles e entregámoslles un pequeno agasallo.






















Moitísimas grazas por todo chic@s. Sodes fantásticos.

martes, 21 de maio de 2019

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas, xa que a semana pasada tivemos que aprazalo debido as condicións meteorolóxicas.
Levamos a cabo a III Carreira pola lingua do CEIP Plurilingüe A Cristina, na que participou todo o alumnado do centro para reivindicar a defensa da nosa lingua. Mirade que ben o pasamos!!!












Ademais, o alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou unha canción en defensa da nosa lingua que leva por título "Está nas nosas mans", a cal interpretaron no patio cun fantástico baile e coa axuda do resto de alumnado.





xoves, 16 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Antón Fraguas foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista e o autor homenaxeado nas letras galegas deste ano.
Dado que este curso fomos incluídos no Plan LÍA de Bibliotecas escolares aproveitamos a ocasión para achegar ao alumnado á biografía de Antón Fraguas dun xeito especial, a través de pictogramas.




Ademais, nas distintas aulas e coa colaboración das familias, traballamos parte da súa obra.
O equipo de dinamización da lingua galega propuxo distintos traballos para os diferentes cursos. Así, na etapa de Educación Infantil traballamos as cantigas populares, os aparellos de labranza e os refráns e adiviñas e na etapa de Educación Primaria traballáronse os topónimos da cultura galega.
Podedes ver unha pequena mostra nas seguintes fotos.














Por outra banda, nalgúns cursos fixéronse unhas podcast sobre os distintos traballos que se realizaron sobre o autor homenaxeado.

Podcast aula 6º Educación Infantil





Podcast aula 4º A Educación Primaria




Podcast aula 6º Educación Primaria





E, por suposto, realizáronse unha serie de recomendacións lectoras para estas datas.




mércores, 15 de maio de 2019

Mochilas Viaxeiras

Xa estamos preto do remate do curso e comezan a chegar de volta as nosas mochilas viaxeiras. Este ano viaxaron as nosas casas contos revolucionarios e contos de poemas, acorde as temáticas do proxecto de centro e das bibliotecas escolares. 
Unha vez mais, moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración e por realizar un traballo fantástico. Esperamos que as gozarades.


Mochila 6º E.I.



Mochila 1º E.P.



Mochila 5º E.P.



Mochila 6º E.P.


luns, 13 de maio de 2019

Contacontos

Hoxe tivemos unha visita moi especial no Recuncho de Nuno. A Editorial Santillana e a Editorial Alfaguara agasalláronnos con dous marabillosos contacontos da man de Vicky. 
O primeiro deles foi para 1º e 2º de Educación Primaria sobre o conto "La vaca dijo mua" de Gloria Sánchez.





E o segundo foi para 3º e 4º de Educación Primaria sobre o conto de Roald Dahl "Cuentos en verso para niños perversos".




Moitísimas Grazas.