luns, 30 de outubro de 2023

SAMAÍN NAS ONDAS

 Desde


Tivemos a oportunidade de desfrutar cos contos de medo que  escribiron  catro nenas de 6º de primaria: Adelaida, Aroa, Natalia e Ainara.

   Si, si... oíchedes ben! Elas mesmas escribiron as súas historias e despois decidiron contárnolas na radio. Foi unha actividade conxunta co departamento de Normalización da Lingua Galega que estivemos encantadas de compartir.

Se premedes na imaxe, podedes escoitar as súas terroooooooooríficas historias!




martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Desde  



 conmemoramos este día coas entrevistas ao noso equipo directivo do cole:

 a directora, a xefa de estudos e a secretaria.

  As preguntas formuláronas  4º,5º e 6º de primaria; preparamos o guión e sentámolas na radio para escoitar como era a biblioteca do cole cando elas eran nenas, as súas preferencias lectoras... e para coñecelas mellor.

Aquí vai a primeira, a entrevista con Patricia, a dire. 

Premede na imaxe e podedes escoitar a entrevista. Xa veredes que interesante!







DÍA DAS BIBLIOTECAS (1)

 




luns, 23 de outubro de 2023

SAMAÍN

 


     Nos corredores presentamos a escolma dos libros elixidos para traballar o Samaín.  Por suposto non podían faltar as nosas mascotas Nuno e Nuna, engalanados para a terrorífica ocasión!



luns, 16 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS

Neste día tan importante no que  estamos fachendosas do noso traballo como escritoras, decidimos festexalo coa lectura de libros escritos por mulleres, libros que nos mergullan no gozo, na alegría e a risa pero facendo eco tamén do sacrificio que algunhas superaron con moita dignidade.

Esta foi a escolma que Nuno nos brindou onde lemos poesía e teatro de cinco mulleres, adaptados para os niveis de 2º a 6º de primaria.

E aquí temos aos nosos protagonistas en acción.













luns, 9 de outubro de 2023

RADIO CRISTINUNA EN ACCIÓN!

Ola oíntes!


A nosa  querida Cristinuna, ten moitas ganas de presumir de casa nova, xa que a finais do curso pasado, fíxose a instalación dos paneis fonoabsorbentes. E onde antes xa faciamos cousas chulis, agora estamos pensado mudar de profesión e pedir traballo nas ondas radiofónicas!

Comezamos cunha formación para profes que nos axudará a amosar o potencial dos nosos nenos e nenas, reflectíndose  como os verdadeiros protagonistas que son. 

Aquí vos deixamos dous audios, nos que podedes escoitar un conto que gravamos os profes nunha sesión de formación e un podcast coa entrevista telefónica que, a través da radio, mantivemos co especialista da formación.

Pincha AQUÍ para escoitar o conto dos profes.

Pincha AQUÍ para escoitar o podcast.

Desfrutádeos!

 


venres, 6 de outubro de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola lectores e lectoras,

Un ano máis seguimos coa campaña de Lecturas en familia, a través das "Mochilas Viaxeiras", nas que por suposto, colaboraron o equipo de voluntarios e voluntarias.


Este curso  levará  contidos relacionados co proxecto de centro "Emocion-arte", porque cando  a intelexencia escoita o latexo do corazón, prodúcese a maxia da arte, da creatividade , da vida.


Comezan a súa viaxe o venres día 6 e xa temos os billetes comprados e as reservas dos hoteles feitas!



Inauguramoooooosss!

 

Ola lectores e lectoras,

Inauguramos o curso na biblio e mirade que acollida tivo! Estamos que lo petamos!




luns, 2 de outubro de 2023

Carnés dos voluntarios e voluntarias

 Ola lectores e lectoras!

Xa están listos os novos carnés identificativos para os voluntarios e voluntarias da biblioteca para este curso 2023-2024! 

Grazas ao alumnado de 4º, 5º A, 5º B o 6º de Primaria polas vosas ganas de traballar.