venres, 26 de abril de 2019

Semana do libro

O mes de abril é un mes moi importante para as bibliotecas, xa que estamos inmersos na celebración do día do libro. Durante esta semana fixemos diversas actividades relacionadas coa lectura.
Ler é un xogo moi divertido e por iso nos encantan os contos. Así, os patios desta semana estiveron amenizados polos contos coas lecturas ao sol (un pouquiño pasadas por auga).



Ademais, durante esta semana tivemos uns contacontos moi especiais para educación infantil. Viñeron contarnos uns contos que nos encantan algunhas nais dos nen@s. Fixérono xenial. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.





E, por suposto, participamos nas actividades levadas a cabo polo Concello de Carballo na semana do libro. Deixámosvos algunha mostra dos traballos feitos polo alumnado do CEIP Plurilingüe A Cristina.







Xa sabedes, si queredes aventura lanzádevos á lectura.

martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, conmemoramos unha data moi especial, o día do libro. Para celebrar este día, na hora de ler, realizamos o apadriñamento lector. Foi xenial desfrutar coas diferentes lecturas. 




Ademais, deixámosvos as recomendacións que fixeron os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria dos seus libros preferidos





Moitas Grazas a tod@s pola vosa colaboración. 



venres, 12 de abril de 2019

Recomendacións de lectura

Desde o equipo de biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina recomendámosvos unha serie de lecturas para desfrutar nestas vacacións. Esperamos que o pasedes xenial.




venres, 5 de abril de 2019

O DEPORTE MENTAL TAMÉN É SAÚDE

Hoxe, no recuncho de nuno, tivemos unhas actividades moi especiais. 
Aproveitando que este fin de semana é o día internacional do deporte e o día mundial da saúde decidimos unir estas dúas datas e dedicar a hora do recreo aos xogos de deporte mental: sopas de letras, tangram. escrable, quebracabezas e o dominó, entre outros.
Mirade que ben o pasamos.




xoves, 4 de abril de 2019

Visita María Reimóndez

O martes 2 de abril convidamos ao noso centro a María Reimóndez para falarnos da súa obra "O xeito das froitas" co que traballaron os nen@s de 3º e 4º de Educación Primaria.


Pasámolo xenial.
Moitas Grazas.

martes, 2 de abril de 2019

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


"OS LIBROS FANNOS ACOUGAR"

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.



Coa ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso «Selfie LIX Día Internacional» 
(Remata o prazo o 10 de abril).


Algunhas recomendacións lectoras sobre este autor son: