martes, 15 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS

14 DE OUTUBR0- DÍAS DAS ESCRITORAS

 

Onte celebramos o Día das Escritoras, homenaxeando o talento e a forza das mulleres na literatura. Elas contan as súas historias  deixando unha pegada fonda, non só nos libros;  ofrécennos  emocións que perduran no tempo.

Recollendo a ilustración que publicou para este ano O Portal de Bibliotecas de Madrid,  o alumnado fixo unha creación dixital, que recompila citas de escritoras famosas : "ELAS CONTAN" e as súas palabras teñen o poder de tocarnos profundamente.



                              Esta foi a achega de 4º primaria.

Aquí vémolos durante o proceso creativo!












sábado, 12 de outubro de 2024

O CONTIDO DA MALETA VIAXEIRA


A equipaxe desta maleta, non son soamente libros, senón tamén xogos que estimulan a imaxinación e a cretatividade.


Aquí vemos ao alumnado de 4º desfrutando cun xogo moi divertido.








xoves, 10 de outubro de 2024

MALETA VIAXEIRA

 Un ano máis, imos de viaxe con equipaxe extra: 

 A maleta viaxeira está na Biblioteca de Nuno!

Nesta primeira andaina, traballamos a Maleta creativa. Podedes premer no enlace "BIBLIOTECA  CREATIVA" para ver o seu contido.




Coa axuda do voluntariado, distribuímos por aulas o contido e gozaremos destas publicacións durante este mes de outubro.