martes, 20 de maio de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (II)

 Vencellando a conmemoración das Letras Galegas, ao eido radiofónico, participamos un ano máis no certame "O Vello dos Contos".  

Nas bases do certame, especifícase  a elaboración dun podcast baseado na figura das cantareiras, tan emblemática para nós, preservando e difundido a cultura popular.

Polo tanto, o alumnado de 5º e 6º de primaria, conducindo o rumbo das ondas de Radio Cristinuna, fixo un percorrido biográfico e musical, no que cobraron vida estas fascinantes mulleres, enmarcando o seu contexto coxuntural na sociedade que viviron, o seu olvido e posterior recoñecemento que supuxo o relevo xeneracional e ata unha entrevista con Bieito Romero, fundador de "Luar na Lubre".


Premendo sobre a imaxe, podedes escoitar este podcast digno dun "Premio Marconi"....polo menos!!

Parabéns, rapaces !!





SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 


O noso homenaxe ás cantareiras foi a elaboración dunhas caricaturas desta sete mulleres máis salientables, facendo o que elas mellor sabían: tocar a pandeireta e cantar. Polo tanto, o alumnado de 3º e 4º de primaria, fabricou unhas pandeiretas con material de reciclaxe, e dentro debuxaron a imaxe  de todas elas en forma de caricatura, xunto coas súas coplas máis significativas e coñecidas. Colgámolas decorando os corredores, e este foi o resultado, do que estamos moi fachendosos.

Vivan as nosas letras!!


domingo, 11 de maio de 2025

SEMANA DO LIBRO- SALÓN DO LIBRO

 











Premede sobre a imaxe para ver a curta "DE CINE", que realizou o alumnado de 4º de primaria.





venres, 9 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

 No cole xa nos estamos preparando para as letras galegas!


A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Ademais Nuno xa fixo a súa selección de libros en galego realcionados coa temática. Podedes atopar varios exemplares de autores xa homenaxeados noutros anos, así como obras nas que a música popular é a protagonista.