luns, 2 de febreiro de 2026

MONICREQUES para a PAZ

 


Dentro do programa de acompañamento entre iguais, traballamos o conto “Pepuka y el Monstruo que se llevó su sonrisa”.

O alumnado de 3º  quedou tan enfeitizado coa historia que decidiu sacar do libro a Pepuka, o monstro e as mascotas, converténdoos en monicreques para darlles vida sobre o escenario e representar o conto.

E non se conformaron con lelo en escena… foron máis alá: crearon o seu propio guión, adaptando a historia, dialogando, imaxinando e escribindo. Ata elaboraron as invitacións do evento !! 


Deste xeito, desenvolveron a expresión e a escrita creativa, traballando a lectura, a produción de textos e a oralidade de maneira significativa, seguindo as liñas do PLEA e fomentando a creatividade, a cooperación e o gusto pola lectura.
E como guinda do pastel, temos a representación teatral que podemos ver premendo sobre a imaxe, conmemorando o día da Paz.

E aquí, podedes ver os segredos do making off!


Esta experiencia permitiu potenciar a oralidade e a pronuncia, así como o traballo cooperativo, ao ter que organizarse, repartirse roles e colaborar para sacar adiante a representación.

Porque, ao final, son uns artistas bárbaros, con talento dabondo para facer vibrar o escenario… e quen sabe se moi pronto converteremos  Carballo en Broadway !!