venres, 21 de outubro de 2016

Actividades en REGO DA BALSA

Bos días!!


Deixámosvos o tríptico informativo da Biblioteca "Rego da balsa" de Carballo.

Durante o mes de Outubro e o mes de Novembro os nenos e nenas de entre 3-8 anos, poderán desfrutar de marabillosas historias contadas polos xa coñecidos:

 "RATOS DE LONXEDETODO".

(Animádevos a asistir, pasarédelo fenomenal)


Serán todos os mércores de 17h a 18:30.


(Con previa recollida de convite)






Se queres obter máis nformación, preme no seguinte enlace:




En colaboración  e co obxectivo de formar a  futuros usuarios das bibliotecas,  fomos invitados a asistir a un dos entretidos contacontos amenizados por este grupo de teatro.

En esta ocasión os nenos e nenas de 4 anos coñeceron que é moi importante: coidar os libros, ter un carnet de biblioteca, que os libros se emprestan para levar a casa pero hai que devolvelos sen estropealos, que a bibliotecaria é a persona que traballa na biblioteca...



Tamén puideron desfrutar desta estupenda actividade os nenos e nenas de 5 anos, primeiro e segundo de E.Primaria. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario