xoves, 23 de febreiro de 2017

O cociñeiro Martiño e Iago López

O mércores 22 de febreiro visitou o noso centro Iago López, autor do libro:

"O COCIÑEIRO MARTIÑO"


No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa. Que pasará finalmente?


Os nenos e nenas de 1º de E.P. e 6º de E.I. puideron desfrutar desta estupenda actividade, onde nos decatamos que ademáis de escribir boas historias tamén conta contos fenomenal! 

O mellor é que os nosos nenos e nenas resultaron ser protagonistas desta divertida historia!









Moitas grazas pola túa visita!


Ningún comentario:

Publicar un comentario