mércores, 10 de outubro de 2018

Benvid@s a un novo curso bibliotecario!!!

Benvid@s a un novo curso bibliotecario!!!


Este ano as bibliotecas escolares están adicadas a:

"POÉTICAS DIVERSAS"




    Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.

  Por iso, estámonos poñendo mans a obra para que poidades traballar e investigar sobre esta temática, que pretende espertar nos lectores e nas lectoras o interese pola poesía. 

    Así mesmo, compaxinaremos as poéticas diversas coa temática do salón do libro para o ano 2019 "a revolución". Deste xeito, o proxecto de investigación que levaremos a cabo este curso será "A revolución de A Cristina está nos contos"

COMEZAMOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario