Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de decembro de 2019

Visita dos Reis Magos

Como non podía ser doutra forma, no CEIP Plurilingüe A Cristina rematamos o último día de cole deste ano 2019 coa visita dos Reis que viñeron felicitarnos as festas e a escoitar todos os nosos bos desexos para o ano que ven.

Foi un día cheo de ilusión, alegría, emoción e algarabía para todos os que conformamos o cole de A Cristina como podedes ver nos seguintes vídeos:



Visita dos Reis en infantil




 Visita dos reis en primaria




Canción dos alumnos de 5 anos as súas Maxestades.


Desfrutade moito das festas e aproveitade estes días para recargar as pilas e voltar cargados de forzas e ganas de aprender.

Vémonos o vindeiro 8 de xaneiro.


O claustro do CEIP P. A Cristina deséxavos

Felices festas a tod@s!

venres, 20 de decembro de 2019

Recomendacións de Nadal

Un ano mais, desde o Equipo de Biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina enviámosvos as seguintes recomendacións lectoras para desfrutar neste Nadal.



Dende o Recuncho de Nuno desexámosvos:



                         Felices Festas 
                                    e
                      Próspero Ano 2020!!!

xoves, 19 de decembro de 2019

Xoves de nadal

Hoxe foi o derradeiro contacontos de nadal para o alumnado de 1º ciclo de primaria da man da nai de Valentina, Carmela, que volveu para contarlles ao alumnado o conto titulado "Derradeira carta aos reis magos" dado que mañá será o día no que veñan visitar a todos os alumnos e alumnas do centro.


Moitísimas grazas pola visita e polos estupendos momentos que pasamos contigo de novo.


Durante o recreo volvimos a desfrutar das panxoliñas na biblio. Debido ao limitado tempo e a grande demanda por parte de moitos alumnas e alumnos, máis adiante volveremos repetir esta actividade musical noutros eventos ou conmemoracións. 
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa ilusión, alegría e participación. 



Despois do recreo finalizamos o festival de panxoliñas cos cursos de 5º e 6º de educación primaria que podedes visualizar a continuación. 
Fenomenal chic@s e profe Nerea!



E para finalizar a xornada, este curso o noso centro, tendo en conta o proxecto do centro e as datas nas que nos atopamos, decidiu levar a cabo unha actividade característica do Nadal, a carreira polo San Silvestre que podedes visualizar no vídeo que atoparedes ao final da entrada, pero no noso caso un San Silvestre solidario .

Durante toda a semana as familias do noso alumnado aportaron o seu grao de arena para axudar nestas datas tan importantes a toda a xente que vive nunha circunstancia de precariedade e carece de recursos básicos.  
A participación foi realmente abraiante, estamos moi agradecidos con todas as familias que colaboraron para unha causa tan importante e, así dar dalgún xeito o noso cariño a toda esa xente que o precisa. 

Aquí vos deixamos unha mostra de todas as vosas aportacións que serán levadas a “Cáritas”, para participar con eles na súa campaña de Nadal que este ano leva por título: “TODOS TEMOS UN ANXO, ESPECIALMENTE NO NADAL”.


San Silvestre



Moitas grazas a tod@s e lembrade que mañá recibiremos as súas Maxestades os Reis de Oriente. 

mércores, 18 de decembro de 2019

Mércores de Nadal

Hoxe foi o turno do primeiro ciclo de primaria que contaron coa visita de Patricia e Mari Carmen, nai de Luna e Sofía. 
Puideron disfrutar de dous contos característicos da época, " Conto de nadal" e "O nadal de Ernesto e Celestina" e foron agasalladas polo alumnado interpretando en directo a panxoliña "Polo Nadal".


Moitísimas grazas pola vosa visita. Agardamos que repitades pronto!


Tamén desfrutamos hoxe do festival de panxoliñas onde lles tocou a quenda ás aulas de 3º e 4º de primaria. Agardamos que vos gusten tanto como a nós.

Aula 3º EP



Aula 4º EP





Esta xornada, debido á alerta polo temporal, non puidemos seguir desfrutando do Karaoke na biblio. Agardamos poder recuperar mañá o tempo perdido.

martes, 17 de decembro de 2019

Martes de Nadal

Hoxe continuamos esta especial semana con outro contacontos para o alumnado de infantil da man de Mari Carmen, a nai de Marta, que veu a contarnos un conto de nadal do elefante máis querido polos nosos nenos e nenas de infantil, " La navidad de Elmer".



Moitas grazas pola túa visita. Quedamos encantados!

No recreo, continuamos co karaoke de panxoliñas na biblio, onde grandes e pequenos entonaron á perfección os que serán os xites nos seus fogares este nadal.

Aquí podedes escoitar e ver outra pequena mostra:






E finalmente, continuamos co festival de panxoliñas no que desfrutamos moito coa actuación dos alumnos e alumnas do primeiro ciclo de primaria.





Que ben o fixestes!!! Noraboa!

luns, 16 de decembro de 2019

Primeiras actividades polo Nadal 2019

Hoxe comezamos con moita forza, ganas e ilusión a semana de (pre) Nadal no cole.

A primeira hora o alumnado de infantil contou coa visita de Carmela, a nai de Lorenzo, que veu contarnos un dato moi importante a ter en conta durante a noite de reis a través do conto titulado "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis".


Moitas grazas pola túa visita e polos teus consellos para esa noite tan máxica!!!! Volve pronto!



Ademáis, durante o recreo, moitos alumnos e alumnas acudiron á biblioteca para interpretar a súa panxoliña favorita.

Aínda quedan moitos nenos e nenas na lista de agarda polo que mañá seguiremos con elas. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación.

A continuación podedes visualizar un pequeno mix dalgúns dos participantes no karaoke desta xornada.







E despois do recreo comenzamos co festival de panxoliñas preparados coa profesora de música Nerea.

Hoxe tocoulle o turno ás distintas aulas de infantil.

Nos seguintes vídeos podedes visualizalas.

Moi ben feito chic@s!!!!







Como poderedes ver e escoitar...non nos presentamos para ningún programa de artistas porque bateríamos récords de audiencia.😄

Mañá continuaremos con moitas outras actuacións!

sábado, 14 de decembro de 2019

Preparando as festas de Nadal


Comeza a conta atrás....

A vindeira semana comezaremos a quentar motores para pasar nos nosos fogares unhas festas moi felices e divertidas.

Co cole xa decorado, as lecturas de nadal lidas, as nais contacontos practicando as súas actuacións e os alumnos e alumnas de A Cristina entoando á perfección as panxoliñas...temos todos os ingredientes necesarios para pasar unhas xornadas moi especiais.

Lembrade: todos os días durante os recreos de luns a xoves teredes á vosa disposición o karaoke de panxoliñas. 



Se aínda non estades anotados acudide o luns a facelo!

Podedes seguir practicando as panxoliñas elixidas no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLAS06pWeFibNUc1ImZXOF6Lg9M3_3r7YT











A pasalo xenial!!!!

martes, 10 de decembro de 2019

Karaoke de Panxoliñas!!!







Requisitos do karaoke: 
1. Desfrutar do Nadal.
2. Desfrutar cantando na túa língua.
3. Desfrutar cos teus amigos/amigas.
4. Pasar un bo anaco.




Xa está ao chegar o mes que máis nos gusta do ano, o mes de decembro: Tempo de Nadal, turróns e mazapán, vacacións, algarabía nos fogares, festas, bailes e panxoliñas.

Hai que ir preparando os pulmóns e repertorios para ser as estrelas da festa nos vosos fogares, polo que este ano queremos darvos a oportunidade de practicar antes cos vosos compañeiros e compañeiras no cole.

Durante todos os recreos do 16 ao 20 de decembro, poderedes anotarvos individualmente, por parellas ou grupos pequenos nas distintas panxoliñas para cantalas no noso Karaoke.

Así que elixide a que máis vos guste, formade os grupos ou parellas e anotade na biblioteca o nome da panxoliña e o nome dos nenos ou nenas do grupo que a van interpretar.


Compartimos con vós algunhas delas para que vaiades elixindo aquela que máis vos guste.

Polo Nadal 

Chega o Nadal

 
A árbore de Nadal

         
O pelo roxiño

            
Canto de reises e panxoliña de Neda

              
Arre meu burriño

                                           
Chegaron a pé

                                          
Vinde ver o neno

                                           
Imos todos a Belén

                                            
O tempo de Nadal

                                          
Buscando unha estrela

                                          
Cun sombreiro de palla

                                         
Cantiga o Apalpador

                                     
A Belén vinde pastores

                                     
Quero o nadal

                                       
   O meu nadal perfecto


                                        
     Rock dos pastores

                                      
      Bo nadal no reino animal

                                     
           Bon nadal

                                        
O abeto está baleiro

                                         
      Panxoliña Beatle

Apurade! O micrófono agarda por vós!

xoves, 20 de decembro de 2018

BO NADAL!!!

Desde o Equipo de Biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina enviámosvos as seguintes recomendacións lectoras para desfrutar neste Nadal.




Ademais, no expositor do colexio podedes atopar unha selección de títulos relacionados con estas datas. 


E, por suposto, estes días divertímonos moito e todo o alumnado do centro puido desfrutar na biblioteca dunhas curtametraxes sobre o Nadal.






Esperamos que desfrutedes moito destas datas tan especiais. 
FELICES FESTAS!!!