O 24 de febreiro conmemórase a figura dunha das escritoras mais importantes da cultura galega, Rosalía de Castro.
Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días sobre varias estrofas reivindicativas de dita escritora. Con elas Rosalía tentaba denunciar as distintas inxustizas sociais vividas na sociedade.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxéronse distintas inxustizas para cada un dos ciclos, as cales aparecen reflectidas en distintas chapas e pancartas.
EDUCACIÓN INFANTIL: A EMIGRACIÓN "¡Deixo a casa onde nacín...! "Cantares Gallegos"
1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: ABUSO LABORAL, EMIGRACIÓN "Trataide ben ós galegos" "Cantares gallegos"
3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: INXUSTIZA SOCIAL "Tirá...que cando caiades, hanvos de face-lo mesmo" "Follas Novas"
5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: VIOLENCIA DE XÉNERO "Quedei deshonrada, mucháronme a vida" "Follas Novas"
Ningún comentario:
Publicar un comentario