O mes de abril é un mes moi importante para as bibliotecas, xa que estamos inmersos na celebración do día do libro. Durante esta semana fixemos diversas actividades relacionadas coa lectura.
Ler é un xogo moi divertido e por iso nos encantan os contos. Así, os patios desta semana estiveron amenizados polos contos coas lecturas ao sol (un pouquiño pasadas por auga).
Ademais, durante esta semana tivemos uns contacontos moi especiais para educación infantil. Viñeron contarnos uns contos que nos encantan algunhas nais dos nen@s. Fixérono xenial. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.
E, por suposto, participamos nas actividades levadas a cabo polo Concello de Carballo na semana do libro. Deixámosvos algunha mostra dos traballos feitos polo alumnado do CEIP Plurilingüe A Cristina.
Xa sabedes, si queredes aventura lanzádevos á lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario