domingo, 3 de maio de 2020

Día Internacional da Risa

Hoxe celébrase o Día Internacional da Risa.


                                   Rodrigo, 4º de primaria                 Mateo, 6º de infantil

Esta conmemoración ten lugar todos os anos o primeiro domingo do mes de maio, coincidindo co Día da nai.

A risa é un medio para manifestar de forma positiva a paz mundial e a construción dunha conciencia global de irmandade e amizade.

A risa ten moitas vantaxes, entre as que destacan:
• Libéranse hormonas e  neurotransmisores, como a  oxitocina, a  serotonina,  dopamina e  endorfinas. As cales xogan un papel fundamental no estado anímico.
• Deste xeito redúcenos a angustia e incrementa a autoestima.
• Ademais a nivel físico  ventila os pulmóns, reduce a glucosa en sangue, aumenta o ritmo cardíaco e diminúe a presión arterial.


Ademais existen moitas curiosidades relacionadas coa risa:
• Con cada gargallada actívanse preto de 400 músculos.
• Algúns músculos do estómago só pódense exercitar coa risa.
• As persoas  risueñas teñen un 40% menos de problemas vasculares.
• A xente alegre vive de media 4 anos máis (e mellor).
•  Rir axúdanos a liberar tensións e a cambiar de actitude.
• A risa fomenta que os pensamentos sexan máis positivos.


Que vos fai a vós rir??? unhas cóxegas, un chiste, monólogos..... A risa ademais é contaxiosa!!!!

Mateo, de 6º de infantil. e Rodrigo, de 4º de primaria, ademais dos divertidos emojis que fixeron, comparten con nós un vídeo moi gracioso co que se parten de risa eles e a súa familia cando o ven. Trátase dunha divertida escena de Mateo cando era pequeno:




Ademais, hoxe compartimos con vós algúns dos vídeocontos publicados no Salón do Libro de Pontevedra, que este curso como ben sabemos trataron a temática do humor, e que seguro, vos sacarán un sorriso:













Agardamos que vos gustaran e vos fixeran rir mooooito, moito!!!

Tamén aproveitamos a ocasión para 
Felicitar o Día a tódalas vosas nais!!!

Unha aperta grande!

1 comentario: