Hoxe venres 20 de novembro celébrase o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
Ao longo desta semana,como xa vos contamos, nas distintas aulas estívose levando a cabo
actividades relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas.
No seguinte vídeo poderedes ver unha mostra do que aprenderon e reclaman os nenos e nenas de educación infantil.
Este día sérvenos para concienciarnos e concienciar á sociedade sobre a importancia de seguir esixindo que se cumpran os dereitos dos nenos e nenas en todas as partes do mundo.
O alumnado de 5º de Educación Primaria colaborou para realizar este GENALLY onde se enumeran un resumo dos dereitos dos nenos e nenas. Serve de lectura-manifesto para dar a coñecer e reclamar que se respecten. Utilizamos un cartel de UNICEF e pulsando no "play" (debaixo de cada dereito) poderedes escoitar cada un deses dereitos de obrigado cumprimento.
😍😍😍👏👏👏
ResponderEliminarQue os sorrisos , a imaxinación e os soños vos acompañen sempre! Feliz día a todos os nenos!!🤗🥳🎊🎉
ResponderEliminarMoi ben👏👏👏
ResponderEliminar