Antes de comezar coas publicacións do entroido imos falar dunha conmemoración moi importante que ten lugar o día 11 de febreiro, o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.
Este día foi proclamado en 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de conseguir o acceso e a participación total e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e tamén para lograr a igualdade de xénero e o seu empoderamento.
No cole xa levamos uns días falando da MULLER, pois o calendario márcanos o 8 de marzo como unha conmemoración importante. Todo o alumnado está preparando algo especial coas profes de plástica e, por suposto, seguiremos investigando, neste caso sobre mulleres ilustres, dos diferentes países que visitamos con Nuno, pero disto xa falaremos...
Hoxe mostramos a selección de libros que ten Nuno para a semana que vén:
💪💪💪💪
ResponderEliminar