domingo, 2 de maio de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio é o Día Mundial contra o acoso escolar, un grave problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo e que causa unhas 200 mortes de forma directa cada ano. Esta iniciativa, nacida no ano 2013 a partir da presentación do Dr. Javier Miglino, fundador da ONG Bulling Sin Fronteras, foi aprobada pola UNESCO o mesmo ano, co fin de axudar á concienciación deste problema. 

Para traballar sobre este tema tan importante NUNO aporta unha selección de libros que xa están repartidos polas aulas:


Ademais dende o equipo de convivencia proponse unha actidade para levar a cabo o luns, para axudar a concienciación do alumnado sobre a importancia de actuar nos casos de acoso, buscando identificar o acoso escolar e PROHIBILO. Nas aulas tamén se traballarán propostas de COGAMI. 



1 comentario: