luns, 14 de febreiro de 2022

DÍA MUNDIAL DA RADI0- 13 de Febreiro

 


No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. 

Este ano, o undécimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: 

"A radio e a confianza"

 Os recentes acontecementos mundiais e a pandemia do COVID-19 erosionaron a confianza nos medios en xeral, alimentada pola circulación de contidos falsos que se propagan rapidamente, sobre todo nas redes sociais. Con todo, os estudos demostran que moitos cidadáns seguen outorgando maior  confianza á radio que a calquera outro  medio.

Un lema en sintonia co traballo das bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar,  que convida a seguir combatendo a desinformación e a traballar coa alfabetización mediática e informacional nas nosas comunidades educativas.

Os radioadictos da Cristina, non podiamos ser menos, así que a nosa contribución a esta efeméride ten tres variantes:

                          -Unha entrevista a nosa polifacética profe Sonia , cantante e pandereiteira entre moitas máis destrezas, feita polo alumnado de 4ºP.

Para escoitalos pinchade nas fotos.



                         - Un recital de "Contos da Rata Luísa", polo alumnadodo de 3º P.









4 comentarios: