Ola lectores e lectoras.
Un ano máis, organizamos desde a Biblioteca a "Mochila viaxeira", pensada para ser unha actividade que implique ás familias e proporcione un motivo de encontro entre os distintos membros desta empregando como ferramenta os libros e a lectura.
A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre a familia e a escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novo.
O material que levan nas mochilas está relacionado co proxecto do centro para este curso: "Medrando en saúde na Cristina"
Agardamos que disfrutedes moito con elas!
😍😍😍
ResponderEliminar