A nosa contribución a esta efeméride foi unha actividade de Contacontos, a cargo de
SARA LAYA, do grupo "A Xanela do Maxín". Traballáronse os valores da sostenibilidade dunha forma lúdica que encandilou ao alumnado de 3º e 4º de Primaria.
Que hai dentro das caixas? Agasallos asombrosos baseados nos principios das 3R+1 (Reducir, reutilizar, reciclar e... repartir!) cos que creou contos sorprendentes, fomentando a curiosidade e a imaxinación. Unha experiencia divertida e sustentable na que sorpresa tras sorpresa e con poucos elementos creou unha aprendizaxe para rir e aprender ao mesmo tempo.
😍😍😍
ResponderEliminar