martes, 3 de decembro de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 No ano 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 3 de decembro como Día internacional das Persoas con Discapacidade
As bibliotecas escolares galegas levan tempo reflexionando e traballando para seren espazos nos que o alumnado atope o seu lugar para traballar en proxectos comúns, espazos que integren a todos e todas sen deixar a ninguén atrás, promovendo unha actitude inclusiva, igualitaria, normalizadora, respectuosa e visibilizadora da diversidade.
Dende o noso recuncho fixemos unha recompilación de materias para transmitirlle a todo o alumnado a importancia destes valores tan importantes.










Ningún comentario:

Publicar un comentario