Radio Cristinuna está continuamente "on air", preocupada por conseguir unhas producións de calidade que representen o bo traballo que todo o colectivo do cole estamos a facer.
Por iso, participamos nun obradoiro de radio durante unha xornada lectiva completa, con Susana Bastón, quen no curso anterior explicounos como desenvolver a realización dun programa de radio, o cal empregamos este curso para aleccionar ao alumnado de 5º e 6º de primaria, con nocións de edición de podcast a nivel técnico.
Premendo nesta imaxe e na seguinte, podedes escoitar dúas versións da emisión dun sensacional informativo realizado integramente polo alumnado. Adiante, ouvintes !!
👏👏👏
ResponderEliminar