luns, 28 de setembro de 2026

QUENTANDO MOTORES....1, 2, 3...

  3, 2, 1... NUNO, PREPARADO PARA DESPEGAR! 

Na nosa biblioteca xa estamos quentando motores para comezar unha nova andaina! E este curso promete levarnos moi, moi lonxe... 

O proxecto do noso centro leva por título «Unha constelación única», unha fermosa viaxe para descubrir, explorar e coñecer un pouquiño mellor ese mundo marabilloso que nos rodea. E claro, toda gran aventura precisa un lugar desde onde comezar!

Por iso, o primeiro paso será preparar a nosa biblioteca para que Nuno poida viaxar polo universo sen sequera moverse dela! 

 Aquí vos presentamos o cartel deste curso, no que aparece nada máis e nada menos que... NUNO VESTIDO DE ASTRONAUTA!


Quen llo ía dicir! De gardián dos libros a explorador das estrelas! 

Agora só falta poñer a punto a nosa nave espacial, cargar as mochilas de ilusión e prepararnos para despegar.

Porque na nosa biblioteca os libros teñen un poder extraordinario: lévannos ata as estrelas sen levantar os pés do chan!

 PRÓXIMO DESTINO: O UNIVERSO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario