domingo, 25 de outubro de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

O vindeiro 24 de outubro, con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, inauguramos esta celebración cunha actividade moi especial protagonizada polo alumnado de 1.º de Educación Primaria.

Os nosos pequenos lectores e lectoras darán vida ao libro Abecedario en verso del ratón diverso, de Paula Salinas Gras, unha obra chea de rimas, humor e imaxinación. Cada neno e nena prepararou unha letra e recitou os versos que a acompañan nunha gravación na nosa radio escolar, construíndo entre todos un divertido percorrido polo abecedario.

Porque, do mesmo xeito que as letras se unen para formar palabras e as palabras para contar historias, a biblioteca escolar enlaza saberes, experiencias e aprendizaxes, fomentando a lectura, a creatividade, a curiosidade e o desenvolvemento de múltiples competencias.

Cada letra conta, cada aprendizaxe suma e todas xuntas escriben a gran historia da nosa biblioteca escolar.

Pinchade na imaxe para escoitar o audio!

Ningún comentario:

Publicar un comentario