Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller traballadora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller traballadora. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2020

Visita de Natalia Raña Fuentes

Hoxe todo o alumnado de educación primaria tivo o pracer de recibir a visita dunha das grandes deportistas galegas que investigamos polo Día internacional da Muller, Natalia Raña.

 Acudiu ao noso centro para animarnos, a través do seu exemplo, a cumplir os nosos soños, independentemente do noso sexo, idade ou raza.

 Contounos a súa longa andaina dentro do mundo do deporte, as distintas modalidades nas que participou ao longo da súa vida, os seus éxitos e vivencias, a roupa e materiais que emprega, o que tivo que esforzarse cada día para lograr os seus obxectivos... Pero o que nos remarcou en distintas ocasións foi que o máis importante é que debemos divertirnos mentres practicamos e participamos en actividades deportivas, dado que hai que mirar o momento e non o resultado.

 Moitas grazas pola túa visita, polos teus consellos e por todo o que nos ensinaches hoxe.


 Mostrámosvos a continuación unha pequena mostra da súa visita.




venres, 6 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller

Este curso no CEIP P. A Cristina quixemos conmemorar esta data relacionándoa co noso proxecto anual de centro baseado nos deportes.

Por iso ao longo das semanas, nas distintas aulas do noso centro, levouse a cabo un traballo de investigación sobre Mulleres Deportistas Galegas dado que todavía queda moito por andar para que o seu traballo sexa difundido e visibilizado en todos os ámbitos da nosa sociedade: deportivo, comunicativo, social, educativo...

Hoxe queremos compartir con vós un anaco do noso traballo e do traballo destas grandes mulleres galegas deportistas.


























NORABOA CAMPIONAS!

luns, 2 de marzo de 2020

Vindeira conmemoración..... Día Internacional da Muller.

No CEIP P. A Cristina xa nos puxemos mans á obra para conmemorar unha data moi especial (e tamén moi necesaria) do noso calendario escolar, o Día internacional da Muller; data que conmemora a loita das mulleres por participar en igualdade de condicións co home e facer valer os seus dereitos.

As orixes deste día datan de 1910, cando un grupo de mulleres de 17 países reuníronse en Dinamarca con dous motivos: fortalecer o avance na igualdade de xénero e a defensa dos dereitos das mulleres e impulsar a universalidade do voto feminino. Grazas a dito acto o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 19 de marzo de 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins aos que asistiron máis dun millón de persoas que esixiron para as mulleres o dereito de voto, o dereito de ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.




En España, o 8 de marzo de 1910 ten tamén unha significación especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior en igualdade de condicións que o home, aínda que a conmemoración do 8 de marzo como día da muller non se comezou a celebrar no noso país ata o ano 1936.


Un curso máis queremos dar a coñecer, dende o noso centro, a grandes mulleres da nosa cultura. Pronto... ofrecerémosvos máis información.

Mentres agardamos polos resultados dos magníficos traballos podedes botar unha ollada na exposición de lecturas sobre esta temática que tedes á vosa disposición na entrada do centro para ler en familia.
Algunhas das lecturas recomendadas que podedes atopar son as seguintes:






Ademais podedes mandar moito ánimo e pensamentos positivos ás nenas e nenos de 4º de primaria que levan traballando moitas semanas na súa ilustración coa que participarán no concurso de deseño do Cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller convocado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade.

Moita sorte chicas e chicos, sodes uns artistas!!!





xoves, 8 de marzo de 2018

8 de Marzo 2018

Dende o CEIP A Cristina decidimos conmemorar esta data traballando o noso proxecto "As Mulleres Contan" desde a perspectiva artística.

Para isto, escollimos diferentes cadros de arte no que as protagonistas fosen mulleres traballando.

"As mariscadoras" de Luis Seoane.
 

"Muller na horta" de Luis Seoane.



 

 "Apañando froita" de Luis Seoane.

"As panadeiras" Manuel Colmeiro.





"Mulleres traballando 1" de Leandro Lamas. 


"Mulleres traballando 2" de Leandro lamas.





 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 

Seguindo coas visitas do noso proxecto, visitounos unha muller moi especial: 

LUPE BLANCO, a regueifeira de Bergantiños.

 

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- 

MÁIS NOVIDADES

 os ESCORNABOTS xa teñen moitos amig@s no noso centro...nos recreos xogamos un montón!







E por suposto, tamén traballamos con eles nas aulas:






Tamén empezamos co uso dos E-BOOKS na hora de ler. Os nenos e nenas de 3º de Educación primaria están desfrutando esta tempada dunha forma de ler diferente!




 UN SAÚDO!


mércores, 22 de marzo de 2017

Día da muller traballadora e día da poesía!

Este mes está cheo de efemérides importantísimas para a nosa Biblioteca.

8 de Marzo de 2017
Día internacional da muller traballadora.

Durante toda a semana, e de forma voluntaria, os nenos e nenas realizaron na biblioteca pequenas investigacións sobre mulleres importantes da historia empregando, ademáis de fontes web, estes libros (entre outros) de consulta:

Ensinámosvos o traballo realizado a través da exposición colocada na entrada do centro.




       



Tamén voluntariamente, os nenos e nenas de 5º de E.P. puideron entregar os traballos en formato PPT.













21 de Marzo de 2017.
 Día mundial da poesía.

Seguindo coas mulleres, a biblioteca decidiu conmemorar este día polo seu 100 aniversario a:

GLORIA FUERTES

Resultado de imaxes para gloria fuertes


En breves mostrarémosvos os traballos das distintas aulas...