Amosando publicacións coa etiqueta Día das artes galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das artes galegas. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de abril de 2020

Día das Artes Galegas

Síguennos chegando traballos fantásticos para compartir con todos e todas vós pola conmemoración do Día das Artes Galegas.

Estes días Xoel, de 6º de infantil, xunto coa súa familia, elaboraron dúas preciosas obras empregando distintas ténicas e materiais, coas que nos envían moita ilusión para estes días.

Unha delas titúlase "El solete nos llenará con sus rayos".





Outra das súas obras é a titulada "Sonríe".


A ademais nos envían algunhas fotografías do proceso de creación:




 Xoel tamén quere aproveitar a ocasión para mandarlle aos seus compañeiros e compañeiras de 5 anos un bico mooooooi moi grande, que os segue añorando moito, pero que mentres nos os poida ver en persoa quere mandarlle unha aperta de piña virtual xigante!!!!


Parabéns familia de artistas! Encántannos!!!

Moitas grazas por compartilo con nós!

mércores, 1 de abril de 2020

Día das Artes Galegas

Hoxe polo Día das Artes Galegas varios alumnos e alumnas únense a compartir a súa creatividade e riqueza artística con todos e todas nós.

Alba, de 4º de infantil, e Mara de 6º de infantil, hoxe colleron os seus pinceis para compartír con nós a súa creatividade e preciosas composicións. Alba coa técnica do puntillismo, e Mara quixo honrar a Luís Caruncho e a súa obra abstracta cunha magnífica pintura.

Parabéns chicas!!







Mateo, de 6º de infantil, quixo honrar neste día das Artes galegas a un dos máis grandes artistas plásticos galegos de tódolos tempos, Luís Seoane. Mirade o paso a paso da súa obra:
















Sara Antelo Fraga, de 4º de infantil, leva semanas traballando nas artes plásticas. A semana pasada desenvolveu o seu traballo con ceras e esta semana pasouse á técnica de acuarela.







Germán, de 6º de infantil, e Fabiola Sánchez González, de 4º de infantil realizaron obras baseadas en retratos modernistas moi orixinais relacionados cos estados de ánimo:




Lydia Lamas Santos, de 4º de infantil, quixo compartir con todos e todas nós a súa obra artística elaborada coa técnica do puntillismo.

Un gran traballo por parte dunha grande artista. 
Envíanos o paso a paso da súa obra:











Parabéns a todos e a todas, uns traballos fantásticos!!!

Moitas grazas por compartilos con nós.

martes, 31 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Día das Artes galegas

Soamente falta unha hora para que sexa 1 de Abril, o Día das Artes Galegas, celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes, e este ano o homenaxeado é o arquitecto Domingo de Andrade, creador de diversas obras coñecidas de Santiago de Compostela, entre elas, a miña  apreciada Torre do Reloxo.

E para celebralo, non atopamos mellor ocasión para compartir con vós as achegas artísticas que veñen da man de Fabiola, de 4º de infantil, e de Germán de 6º de Infantil, que dedicaron o día a facer os marabillosos traballos artísticos que podedes ver na seguinte imaxe:




Parabéns Germán e Fabiola, sodes uns grandes ARTISTAS!!!!


Moitas grazas por compartilo con nós!!


Os e as que queirades aínda estades a tempo! Mañá podedes enviarnos todas as obras de arte que estades facendo estes días na casa! ceipacristinabiblioteca@gmail.com