Amosando publicacións coa etiqueta bailes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bailes. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de abril de 2020

Eu quedo na casa/Eu bailo na casa

Jimena, de 4º de infantil e a súa familia, quixeron alegrarnos e animarnos estes días a través dun fantástico vídeo musical que fixeron, co que conseguirán facernos sorrir, bailar e ata cantar!!!.
Cóntannos que esta canción do artista Macaco fixérona para animar e recaudar fondos para un hospital de nenos con cancro.
Jimena sigue lembrándose moito dos seus amigos e amigas e está desexando volver ao cole para poder bailar con eles tamén.

Moitísimas gracias familia, encántanos!!!




martes, 31 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Eu bailo na casa

Esta tarde Andrea, de 4º de primaria, comparte con nós unha coreografía con moita marcha para que nos levantemos do sofá e movamos un pouco o esqueleto!!!!

Poñede o volumen ao máximo, facede un pouco de sitio para non tropezar con nada e..... 

A BAILAR!!!!






Bravo Andrea!!!!!!

Moitas grazas por compartir o baile con nós e animarnos esta tarde gris!






luns, 30 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Eu bailo na casa

Hoxe, Sara Antelo de 4º de infantil, compartíu con todos e todas nós a proba da realización dunha das tarefas que as profes lle propuxeron para esta semana na casa... Facendo Zumba Kids e perfeccionando así a súa motricidade grosa!

Como podemos ver no seguinte vídeo está traballando moi moi ben! 


Moitas grazas Sara!!! 

A seguir con tan bo ritmo e compartíndoo con nós!





martes, 24 de marzo de 2020

Eu tamén bailo na casa

Hoxe Andrea de 4º de primaria enviounos a súa coreografía da xa coñecida canción que onte compartimos con vós "Quédate en casa", para que a practiquemos todas e todos dende os nosos fogares e así movamos o corpo con moita moita marcha.

 Moitísimas grazas Andrea! Agora todos e todas podedes bailar con ela e  mandarnos os vosos vídeos!!!!