Ola lectores e lectoras,
A rapazada de 3º e 4º de Educación Primaria desfrutaron esta mañán dunha sesión de animación á lecura coa autora do libro "As Pombas de Bastián", María Canosa. Ata houbo firma de autógrafos!
Ola lectores e lectoras,
A rapazada de 3º e 4º de Educación Primaria desfrutaron esta mañán dunha sesión de animación á lecura coa autora do libro "As Pombas de Bastián", María Canosa. Ata houbo firma de autógrafos!
En RADIO CRISTINUNA, seguimos coa nosa sección :
Recomendacións Lectoras
Nesta ocasión foi a quenda do alumnado de 3ºe 4º de primaria.
Valeria, Iria e Victoria "puxéronse nas ondas" , contándonos a súa experiencia sobre a lectura deste trimestre "As Pombas de Bastián", e ademais, aproveitaron para darnos unha pincelada do seu traballo monográfico sobre a autora, María Canosa.
Por suposto, co apoio do equipo técnico: Lucía e Adrián!
Ola lectores e lectoras,
En relación coa entrada anterior, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria puideron desfrutar dunha amena sesión de animación á lectura con Pere Tobaruela, autor do libro "Formigas. Misión Rosalía", co que estiveron traballando na aula.
Durante esta semana de festexos "libreros", tivemos como protagonista a este exemplar que o alumnado de 5º e 6º de primaria estiveron a traballar.
Non podedes perdela!
Ola lectores e lectoras,
Seguimos ampliando a oferta de exemplares na biblioteca. Nesta ocasión son para a etapa de Educación Primaria e esperamos que os desfrutedes.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria, gozaron vendo as marabillosas novidades lectoras que nos trouxo a encantaadora Lola de Librería Aenea.
Lola é uha muller que enfeitiza coa súa pasión pola lectura ata deixarnos absolutamente engaiolados escoitándoa. Houbo comentarios do alumnado como:
-" Así que divertido é aprender"
- "Pero todo iso está nos libros?"
- "Eu quero xogar á Vacaloura e así sírveme para repasar lingua"
- "Que animaliños máis cuquis!"
- E daquela, nese libro, os sons son de verdade? Podemos escoitar o libro?"
Quedamos fachendosos de poder contar cunha actividade tan atractiva que incita aos nosos nenos e nenas a mergullarse con verdadeiro interese pola lectura.