xoves, 23 de febreiro de 2017

O cociñeiro Martiño e Iago López

O mércores 22 de febreiro visitou o noso centro Iago López, autor do libro:

"O COCIÑEIRO MARTIÑO"


No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa. Que pasará finalmente?


Os nenos e nenas de 1º de E.P. e 6º de E.I. puideron desfrutar desta estupenda actividade, onde nos decatamos que ademáis de escribir boas historias tamén conta contos fenomenal! 

O mellor é que os nosos nenos e nenas resultaron ser protagonistas desta divertida historia!









Moitas grazas pola túa visita!


mércores, 22 de febreiro de 2017

#amorpoloslibros e #RosalíaTe

Non queremos dsaproveitar a ocasión de celebrar unha emoción tan marabillosa como o amor. 

Por suposto, dende o equipo de biblioteca, queremos favorecer e potenciar o AMOR pola lectura e os libros, ademais do amor aos compañeiros/as do colexio.

É por isto, que durante toda a semana, de forma totalmente voluntaria e nos recreos, fixemos unha actividade que titulamos:

#SELFIE DE AMOR

#ilovebooks #quérote #antetodoamig@s


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O 24 de febreiro celebramos o  180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, en colaboración dos equipos, para relacionalo ca arte, decidimos "modernizar" a esta autora a través do seu autorretrato traballado coa técnica artística do "Pop art" . 

O equipo de Normalización preparou un traballo final tan especial coma este no que se recita o poema traballado "Campanas de Bastabales".











martes, 31 de xaneiro de 2017

Día da PAZ e a NON violencia!

Para a conmemoración deste día e relacionándoo co noso proxecto anual: EMOCIONARTE, escollemos traballar "O Guernica" de Picasso.

A través das investigacións nas aulas e coa axuda deste vídeo en 3D desgranamos a obra de arte e coñecemos máis sobre o que quixo representar Picasso: a guerra, a paz,a furia, a tristeza, o medo...




                         Este cadro fíxonos reflexionar sobre que mundo estaba representando Picasso...


Polo que decidimos representar outro onde reflexáramos o mundo que queremos cheo de cores, onde exista a PAZ, TOLERANCIA, AMOR, RESPECTO, AMIZADE...



Pero a ARTE e as EMOCIÓNS tamén están na MÚSICA .

Dende o cole queremos achegar o noso grao de area para que haxa máis Paz e menos violencia no mundo. 
Para iso, grazas ao traballo da profe Nerea (E.M) representamos en Lingua de Signos, esta canción de Magín Blanco titulada:
 "Todos somos capitáns".



mércores, 21 de decembro de 2016

Felices festas!!

Desde o equipo de Biblioteca do CEIP A Cristina enviámosvos as seguintes recomendacións lectoras.


“El regalo de un libro, además de obsequio, es un delicado elogio"




TAMÉN PARA DESPEDÍRMONOS ATÉ A VOLTA DAS VACACIÓNS, QUERÍAMOS ENSINARVOS  DUNHA FORMA DIVERTIDA E "MODERNA", ALGÚNS DOS CAMBIOS QUE ESTAMOS REALIZANDO NA NOSA BIBLIOTECA CON MOTIVO DA INCORPORACIÓN AO PLAMB.


   

Grazas por colaborar nen@s!!

FELICES FESTAS!

venres, 25 de novembro de 2016

Contra a Violencia de Xénero







Deixámosvos unha selección de contos para traballar cos nenos e nenas.


            

                   


LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




A partir do traballado con estes contos fixemos as seguintes actividades:

En Educación Infantil desfrutamos dun conta contos moi especial coa "señora Maruxa" (a profe Natalia disfrazada).








1º e 2º E.P.



3º E.P.


4º E.P.




5º E.P.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------

Tamén durante esta semana os nenos e nenas de 6º E.P. realizaron as lecturas destes libros nas diferentes clases.

DANIEL e KATIA léronlles aos nenos e nenas de 5 anos.


NANA E KATIA léronlles los nenos e nenas de 1º E.P. e 2º E.P.




ALBA.P e AITANA léronlles aos nenos e nenas de 2º E.P.





ALEJANDRA e NOELIA léronlles aos nenos e nenas de 3º E.P.

XURXO e CLAUDIA  léronlles aos nenos e nenas de 5º E.P.






"Me opongo a la violencia porque cuando aparece para hacer bien, el bien solo es temporal; el mal que hace es permanente."

-Mahatma Gandhi-





xoves, 10 de novembro de 2016

Formación de usuarios 2016

Durante o primero trimestre estamos realizando actividades de formación de usuarios.

Os primeros en recibir esta formación en setembro son os RESPONSABLES de biblioteca (nenos e nenas de 6º de E.P) que, voluntariamente,  queren axudar no tempo de recreo a:

- Realizar os préstamos no programa informático Meiga.
- Colocar os fondos correspondentes no seu sitio.
- Axudar a que a biblioteca funcione correctamente e se respecten as súas normas.
...

Visualizamos primeiro con eles un PPT onde lle explicamos as súas funcións e as normas que deben respectar e cumplir.


E tamén lles entregamos unha guía de colaboradores.


Aquí vedes  un dos nosos colaboradores traballando coas devolucións e empréstitos.


Pero non só é importante ensinar aos nenos e nenas responsables da biblioteca, senón que formamos (coa colaboración dos titores e titoras) ao resto do alumnado do centro.

Ademáis de recordarlles as normas lles explicamos:
-Como se organiza a biblioteca.
-Que é a CDU.
- As partes dun libro e as súas etiquetas.
...
* Por suposto dependendo do curso. 

O alumnado de 4º de E.I. fixo unha visita á biblioteca, presentámoslles á nosa mascota NUNO, falamos do que nos podemos atopar alí, do que se pode e non se pode facer...

Por suposto, desfrutamos da lectura dun conto.

E como premio por portarse tan ben, deixámoslles escoller un conto a cada un para levar á súa clase.




Os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I, xa coñecen algo mellor a biblioteca, pero é moi importante recordar con eles as normas.
Como xa son algo máis maiores, plasmaron nun traballo que cousas podemos facer nunca biblioteca e cales non.













O nenos e nenas de 2º E.P. xa realizaron un traballo máis complicado (ademáis de lembrar normas, que nunca está de máis). Coñeceron as distintas partes dun libro, as etiquetas e por que aparecen eses números e letras.





 A modo de exemplo...



 Os nenos e nenas de 3º E.P. 

Visitaron a biblioteca e tamén lles explicamos as etiquetas, que son e para que. Xa traballaron con diferentes libros.

A modo de exemplo:






  Os nenos e nenas de 4º E.P. 

 Tuveron que buscar, por equipos,  información na zona de consulta. Diferenciando os varios apartados nos que se subdivide esta parte da biblioteca.






 Os nenos e nenas de 5º E.P. 

Como xa están máis adaptados, tiñan que averiguar en que zona necesitaban consultar dependendo da información que precisaban buscar.





 Parabéns a tod@s!!