mércores, 9 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER- LECTURAS

 


  Se falarmos da celebración do Día da Muller, quere dicir igualdade, respecto e valoración, entón non debería ser o día 8, nin o 14, nin o 23....Porque temos 365 días ao ano para poder exercer esta vital educación en valores. 

 E con esta premisa, continuamos cas lecturas que desde a Biblioteca, repartíronse para as aulas.

 6ºA Primaria




5º Primaria













domingo, 6 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 



    A axenda A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, incorpora o compromiso coa        igualdade de xénero de forma integral e transversal, especialmente o seu obxectivo número 5. Este refírese ao deber da comunidade internacional  para aprobar e fortalecer políticas acertadas e leis aplicables promovendo a igualdade de xénero, a mellora da tecnoloxía industrial, da información e das comunicacións, promovendo así o empoderamento das mulleres e as nenas.

Desde a nosa biblioteca non podemos deixar de festexar esta data , polo que o magnífico grupo de voluntari@s que sempre está a axudar cun sorriso, polo momento de "ollos", seleccionaron e repartiron , exemplares de diferentes libros, para facer lecturas nas aulas.








martes, 22 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA


" Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."


Velaquí o maior acto revolucionario que nos agasallou Rosalía de Castro! Os seus versos transfórmanse nunha historia que rebela, provoca, emociona e que nos acolle para facermos parte dunha nosa Historia propia e libre.

E sobre eses seus pensamentos, quixemos deixar a nosa pegada : a nosa achega en cada pétalo, sementando as súas palabras, os seus versos, os seus poemas, os seus pensamentos... porque 

                   "En todo estás, e ti es todo"

#SementadePensamentos


4º Infantil 










 




















 


5º Infantil
























































4º P



5º P



6º B Primaria


6º A Primaria











luns, 14 de febreiro de 2022

DÍA MUNDIAL DA RADI0- 13 de Febreiro

 


No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. 

Este ano, o undécimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: 

"A radio e a confianza"

 Os recentes acontecementos mundiais e a pandemia do COVID-19 erosionaron a confianza nos medios en xeral, alimentada pola circulación de contidos falsos que se propagan rapidamente, sobre todo nas redes sociais. Con todo, os estudos demostran que moitos cidadáns seguen outorgando maior  confianza á radio que a calquera outro  medio.

Un lema en sintonia co traballo das bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar,  que convida a seguir combatendo a desinformación e a traballar coa alfabetización mediática e informacional nas nosas comunidades educativas.

Os radioadictos da Cristina, non podiamos ser menos, así que a nosa contribución a esta efeméride ten tres variantes:

                          -Unha entrevista a nosa polifacética profe Sonia , cantante e pandereiteira entre moitas máis destrezas, feita polo alumnado de 4ºP.

Para escoitalos pinchade nas fotos.



                         - Un recital de "Contos da Rata Luísa", polo alumnadodo de 3º P.









sábado, 12 de febreiro de 2022

Día da Muller e a Nena na Ciencia

    Nada mellor para conmemorar a ciencia, que facendo un experimento científico... Cal?

            Construír  NEVE !!! 

  Aí queda eso !

 Aquí deixamos documento gráfico das científic@s de Cris de 6º de Infantil:


























                                                                



E seguindo no eido científico, o alumnado de 3ºP está a estudar o corpo humano, e o noso "Huesiños" do centro, estrea aparello circulatorio
 !!



domingo, 6 de febreiro de 2022

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia


 Este día, que celebramos o 11 de Febreiro,  foi proclamado no ano 2015 pola ONU co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa,  no eido da ciencia para as mulleres e as nenas, achegándonos un pouco máis á igualdade de xénero e contribuíndo ao desenvolvemento económico e ao progreso de todos os obxectivos da Axenda 2030 do Desenvolvemento Sostible, aos que damos visibilidade en  cada entrada deste blog.




Desde a a Biblioteca, darémoslle difusión cas seguintes lecturas que disbruiremos polas aulas, contando coa valiosa axuda das nosas e nosos voluntari@s:






domingo, 30 de xaneiro de 2022

O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

   

O día 30 de xaneiro, celebráse o 

Día Escolar da  PAZ e da NON VIOLENCIA

Desde este recuncho, propuxemos dúas lecturas moi interesantes:

Para Infantil e 1º Ciclo de Primaria



Para 2º e 3º Ciclo de Primaria


E aquí temos a noso alumnado "mans á obra" coas lecturas.











      


Ademais  preparamos este rosco de palabras para ver cantas palabras coñecedes que gardan relación coa temática.

Pensamos que era boa idea, xa que en colaboración co Equipo de Convivencia todos os alumnos e as alumnas do centro tamén escribiron nunha pluma unha palabra que para eles e elas representaban a PAZ. Con todas elas despois elaborarase a pomba da paz de Picasso.

Esperamos que vos guste!



Aquí estamos a xogar na clase !

Tamén preparamos un  mural "Navegando pola paz", onde o alumnado  de 3º P, fixo o seu barco con unha mensaxe de paz na
bandeira.

                                           

   E tamén fixemos mensaxes de paz recordando a premios Nobel como Gandhi, Martin Luther King ou Malala.