venres, 5 de xuño de 2020

Día do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente  celébrase o 5 de xuño, dende o ano 1973. 
Esta data foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1972, co obxectivo de sensibilizar á poboación mundial en relación a temas ambientais, no respeto do medio ambiente. Polo tanto, é fundamental que nos convirtámonos en axentes activos do desenvolvemento sostible e no cambio de actitude cara temas ambientales.


Na Cristina salvamos o planeta, e ti…?
O día 5 de xuño, celébrase o día do medio ambiente e dende o cole A Cristina propuxémonos salvar o medio ambiente, e o noso planeta terra porque crecemos e vivimos nel. Non só basta con amala e respetala senón que a temos que coidar e poñernos mans a obra pero, tal e como investigou o equipo de actividades extraescolares, ....como podemos axudar ao noso planeta terra e polo tanto ao medio ambiente? 
Pois seguindo estes simples pasos:
· Aforrando enerxía, actuaremos como detectives nos nosos fogares e apagaremos as luces cando non as usemos.
· Aforrando auga, pechando billas senón os usamos, podemos empregar a ducha en vez da bañeira.
· Ir ao cole camiñando, ou en bicicleta mantendo as distancias de seguridade, en vez de empregar o coche.
· Reciclar o lixo e sobre todo ter en conta antes de tirar a roupa, libros, xoguetes, pensemos en darlles outra oportunidade.
· Plantar plantas no horto, xardín ou no teu fogar debido a que gracias a elas podemos respirar xa que nos aportan osíxeno.
· Reutilizar a auga da chuvia para regar o horto e as plantas.
· Apagar os nosos aparatos se non os estamos utilizando.
· Empregar materiais de refugallo para crear novos xoguetes ou manualidades.

Como podedes observar os profes da Cristina aportan o seu gran de area para salvar ao planeta terra, reciclando o lixo dos seus fogares, aquí tedes unha mostra das súa práctica diaria:


Algúns dos nenos e nenas de A Cristina, queren compartir con todos o seu grao de area para seguir coidando a nosa natureza, e por tanto, o noso planeta.

Jimena, de 4º de infantil, cóntanos que xa está feita unha experta en hortos, grazas a súa experiencia na horta dos seus avós. Ela ademais de pasar unha xornada rodeada dos que máis quere ( da bis, dos avós...) aproveitou a visita á horta para recoller terra fresca para prantar as sementes nos ovos, tamén para sementar nabos, así como dar de comer ás galiñas, regar as leitugas, recoller berzas... Estupendo Jimena, que envexa!


Ademais, Guille, de 6º de primaria amósanos como pode ser doado colaborar no coidado do medio ambiente a través da reciclaxe na súa propia mesa de estudo.


Tamén Mateo de 6º de infantil, e Rodrigo de 4º de primaria, xunto co seu amigo peludo máis fiel, queren reivindicar con todos nós a importacia deste día.

Así como Sara Antelo, de 4º de infantil, que tamén comparte con nós o seu grao de area para seguir cultivando na casa dunha forma divertida.





MOITÍSIMAS GRAZAS CHIC@S!!! SEGUIDE COIDANDO ASÍ DO NOSO PLANETA!

Por iso hoxe poñemos á vosa disposición distintos recursos e actividades interactivas que explican a importancia do coidado do medio ambiente, así como as medidas que podemos empregar dende os nosos fogares para salvar o noso planeta terra e contribuír a unha mellora no medio ambiente.

Comezamos por un libro de descarga aberta grazas á  editorial Libros del zorro rojo, para que poidades crear o voso propio xardín:


Tamén compartimos con vós os seguintes vídeos:


Infantil Pocoyó


 Canción infantil con medidas del medio ambiente.

Canción infantil. 


Canción rock medio ambiente.

 Cuento para infantil e primaria.







Así como tamén vos ofrecemos algúns exemplos de actividades ecolóxicas que podedes realizar na casa, que quizáis sexan do voso interese:

1       1.   Recicla papel

Precisarás auga, papel (se é de distintas texturas, mellor), unha batedora ( valerá a dá cociña), un barreño de plástico, un bastidor ou marco de madeira cunha malla (podes facelo ti mesmo), uns libros para usar a modo de prensa e unha tea de algodón.

Curta ou papel en anacos moi pequenos e déixaos a remollo unha ou dúas horas, ata que se forme unha pasta. #Usar auga quente, tarda menos en desfacerse.
Non esquezas cambiar a auga de cando en vez, a medida que se vaia tinguindo coa tinta do papel.

Tritura a pasta coa batedora ata obter unha masa homoxénea e vértea non barreño. #Crear que é demasiado espesa, e non queres que ou papel obtido pareza cartón, podes engadir un pouco de auga.

Mete o bastidor non barreño ata que toda a malla quede cuberta pola pasta. Se queres unha capa de papel máis grosa, deixa que entre máis masa.

Saca o bastidor e deixa que a auga sobrante escorra para envorcalo con moito coidado sobre a tea de algodón. O papel irá secándose aos poucos.

Coloca uns libros encima para que quede completamente liso
.
Podes conseguir papeis de cores engadindo ao auga tinguiduras vexetais ou químicos, infusións..

2. O detective da auga.

 Deixa que o teu fillo descubra toda a auga que podedes aforrar investigando as billas e chaves de paso de toda a casa. 

Coloca recipientes debaixo para ver cantas pingas pérdense e que calcule canto se aforraría ao cabo do ano se se arranxase esa avaría e reparádea xuntos ou chamade a un fontaneiro.

 Pídelle que siga investigando o voso fogar, o colexio, a casa dos avós... e que prepare un completo informe.

3. Facer compost: Preparalo é unha forma sinxela de devolver á terra o que obtemos dela. 

Só precisades: unha caixa grande, bolsas de lixo, material vexetal, terra e refugallos vexetais e unha pa pequena. 

Colle unha caixa e fórraa por dentro e por fóra con bolsas de lixo. 

Faille uns buracos nos lados para facilitar a ventilación. 

Coloca o teu depósito nun lugar asollado e que o teu fillo vaia engadindo os desperdicios da cociña, materia vexetal e un pouco de terra. 

Removede a mestura cada poucos días cunha pa. 

Nun par de semanas, se hai bo tempo, terás un abono perfecto para o teu xardín e macetas.

Todos e todas, Salvemos ao planeta!






1 comentario: