Hoxe compartimos con vós unha recomendación lectora da man de María, a nai de Mateo, de 6º de infantil, e Rodrigo, de 4º de primaria.
Trátase do libro Seis sombreros para pensar del autor Edwar de Bono, o cal mostra unha metodoloxía para a toma de decisións e discusións en grupo que intenta simular o que ocorre na mente humana adoptando o símil dun sombreiro.
Cada un dos seis sombreiros é dunha cor diferente, o que simboliza as diferentes formas nas que se pode observar a realidade.
Cando se teña que adoptar unha decisión, xa sexa de forma individual ou en grupo, Edward de Bono propón colocarse de forma secuencial un sombreiro de cada cor na cabeza e expresar unha opinión sobre o tema tratado. A única restricción que existe é que esa opinión ten que seguir as reglas asociadas a cada cor.
• Sombreiro azul: é o que controla ao resto de sombreiros; controla os tempos e a orde dos mesmos.
• Sombreiro branco: para pensar de forma máis obxectiva e neutral posible.
• Sombreiro vermello: para expresar os nosos sentimientos, sen necesidade de xustificalos.
• Sombreiro negro: para ser críticos de forma negativa e pensar por que algo non podería saír ben.
• Sombreiro amarelo: ao contrario que o sombreiro negro, con este procúrase buscar os aspectos positivos sobre un determinado aspecto.
• Sombreiro verde: abre as posibilidades creativas e está íntimamente relacionado coa idea de pensamento lateral ou diverxente.
Nesta familia xa traballaron este libro, e grazas a ela, próximamente estará tamén para vós no noso catálogo de fondos da biblioteca e poderédelo levar emprestado a partir de setembro.
Moitas grazas familia!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario