xoves, 28 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO (IV)

 E seguimos festexando a semana, nesta ocasión arredor do lema "A Biblioteca ten a palabra", e unha proposta marabillosa neste sentido, é unha representación teatral que mestura palabras e imaxes ... pero ollo: sen precisar da tecnoloxía!!

    Quizais aventureime moito dicindo isto porque  a maxia tecnolóxica da compañía Ghazafelos , transportounos na súa "Máquina do Tempo", nun delicioso percorrido polas etapas da historia, levandonos coas súas palabras, a coñecer historia, personaxes, anécdotas ,salpicadas ca dose xusta da humor e traballo ben feito, transmitindo ao alumnado, o respecto que merece como público, sen caer no chiste fácil e bobo que lamentablemente adoitan facer outros co público infantil: os nenas e nenos son pequenos, pero non son parvos, como algúns pretenden proxectar . Parabéns por Ghazafellos!!

   E aquí estamos desfrutando por partida dobre: da obra e de ver estas cariñas de satisfacción do alumnado de Primaria!!






                   

   

1 comentario: