luns, 25 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO

 Un ano máis, as bibliotecas escolares galegas realizamos actividades na semana arredor do día       23 de Abril, Día do Libro.


Son moitas as actividades que facemos na contorna da Biblioteca polo que a axuda dos nosos voluntarios e voluntarias é inestimable. Así, quixemos agasallalos cun caderno de Bibliotecas Escolares, unha minucia para o seu fantástico traballo !!


  No noso centro, recuperamos o apadriñamento lector  cheos de xúbilo despois das restricións da pandemia.




Esta actividade consiste en que os alumnos/as de cursos superiores se constitúan como padriños/madriñas de compañeiros de cursos inferior para compartir momentos de lectura. Así as madriñas e os padriños terán a oportunidade de lerlles historias aos seus afillados/as.

   Os obxectivos de fomentar a lectura a través desta actividade son dobres:


    - Para os padriños e madriñas:

            - Favorecer a práctica da lectura expresiva.

            -Motivación pola lectura adaptándose ao nivel do ouvinte.

            -Potenciar as relacións interpersoais.

  - Para as afilladas e afillados:

            -Desenvolver a capacidade de escoita activa.

            -Mellorar a atención e a comprensión de textos orais.

            -Saber adaptarse ás persoas de diferente idade.


          




1 comentario: