Un ano máis, o noso colexio participa no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), dentro da súa sección de Teatro Lido.
O alumnado de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria mergullouse nesta aventura teatral, ensaiando o guión con ilusión, entusiasmo e moito talento interpretativo.
Agora agárdanos o seguinte reto: ser un dos centros seleccionados para realizar unha gravación nunha radio profesional. 🤞 Crucemos os dedos para que a sorte nos acompañe!
Pero, mentres chega ese momento, convidámosvos a desfrutar tanto coma nós durante a preparación desta pequena aventura teatral.
Premendo sobre a imaxe, poderedes ver o vídeo e descubrir todo o que argallamos!



Ningún comentario:
Publicar un comentario