APADRIÑAMENTOS LECTORES
Como xa anticipamos, aquí vos presentamos a galería de fotos cos apadriñamentos. |
| O alumnado de 5º Primaria, preparando as lecturas. |
![]() |
| . Neste vídeo temos unha visión global de como comezou esta xornada literiaria. |
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Como xa anticipamos, aquí vos presentamos a galería de fotos cos apadriñamentos. |
| O alumnado de 5º Primaria, preparando as lecturas. |
![]() |
| . Neste vídeo temos unha visión global de como comezou esta xornada literiaria. |
E seguimos festexando a semana, nesta ocasión arredor do lema "A Biblioteca ten a palabra", e unha proposta marabillosa neste sentido, é unha representación teatral que mestura palabras e imaxes ... pero ollo: sen precisar da tecnoloxía!!
Quizais aventureime moito dicindo isto porque a maxia tecnolóxica da compañía Ghazafelos , transportounos na súa "Máquina do Tempo", nun delicioso percorrido polas etapas da historia, levandonos coas súas palabras, a coñecer historia, personaxes, anécdotas ,salpicadas ca dose xusta da humor e traballo ben feito, transmitindo ao alumnado, o respecto que merece como público, sen caer no chiste fácil e bobo que lamentablemente adoitan facer outros co público infantil: os nenas e nenos son pequenos, pero non son parvos, como algúns pretenden proxectar . Parabéns por Ghazafellos!!
E aquí estamos desfrutando por partida dobre: da obra e de ver estas cariñas de satisfacción do alumnado de Primaria!!

Dentro das actividades da Semana do Libro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria, desfrutaron da animación dos libros da editorial Santillana:
E nada mellor que estas imaxes para comprobar o ben que o pasaron:
O concello brindou a posibilidade aos colexios, para contribuír coas nosas achegas á Semana do Libro.
Como o proxecto do noso centro é "A Arte move o mundo", levamos as nosas obras de arte que fixeramos polo Entroido (no caso de primaria), e polo Samaín (no caso de infantil), á Biblioteca REGO DA BALSA. A exposición está aberta para todo o mundo.
Deixamos unhas fotos, pero moito mellor será poder velas.
Mirade que sorte ten o Concello poder contemplar tanta Arte!
Un ano máis, as bibliotecas escolares galegas realizamos actividades na semana arredor do día 23 de Abril, Día do Libro.
Esta actividade consiste en que os alumnos/as de cursos superiores se constitúan como padriños/madriñas de compañeiros de cursos inferior para compartir momentos de lectura. Así as madriñas e os padriños terán a oportunidade de lerlles historias aos seus afillados/as.
Os obxectivos de fomentar a lectura a través desta actividade son dobres:
- Para os padriños e madriñas:
- Favorecer a práctica da lectura expresiva.
-Motivación pola lectura adaptándose ao nivel do ouvinte.
-Potenciar as relacións interpersoais.
- Para as afilladas e afillados:
-Desenvolver a capacidade de escoita activa.
-Mellorar a atención e a comprensión de textos orais.
-Saber adaptarse ás persoas de diferente idade.