luns, 5 de xuño de 2023
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
mércores, 17 de maio de 2023
venres, 12 de maio de 2023
EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA REGO DA BALSA
Co gaio de conmemorar o Salón do Libro de Pontevedra, co lema para este ano
"Libros para xogar"
a biblioteca Rego da Balsa, convidounos a participar na exposición de traballo relacionados co xogo.
Nós levamos todo o atrezzo relacionado co Entroido, xa que o noso tema foi "Os cociñeiros xogan na Cristina", os carteis dos vídeos dos Xogos tradicionais da nosa visita ao Museo Melga e obradoiros de escrita, todo elaborado polo alumnado de 3º e 4º de primaria.
luns, 8 de maio de 2023
DÍA DE EUROPA
E para entender un pouco mellor que é iso de Europa e a nosa relación con ese continente, propoñemos dous libros moi sinxelos que nos van axudar.
martes, 2 de maio de 2023
SEMANA DO LIBRO (7)
Ola lectores e lectoras,
Nesta ocasión podedes ver os marabillosos xogos con contos que desfrutaron na aula de 4 anos.
A partir de contos que xa coñecen, traballaron a conciencia fonolóxica e a memoria, relacionando palabras significativas do conto coa súa portada e cos personaxes ou accións dos mesmos.
venres, 28 de abril de 2023
SEMANA DO LIBRO (6)
Ola lectores e lectoras,
O alumnado de Educación Infantil desfrutou esta semana dos "Contos en famlia", actividade na que as familias se animaron a contar un conto na aula do seu fillo/a na "Hora de ler".
Moitas gracias a todas as familias pola vosa colarobación.
Pedimos desculpas ás que, por falta de tempo no cole, non foi posible que participaran na actividade.
xoves, 27 de abril de 2023
SEMANA DO LIBRO (5)
Ola lectores e lectoras,
Seguindo coa conmemoración da Semana do Libro, outras das actividades que tivo moito éxito foi o Apadriñamento lector, onde o alumnado de maior idade lle contou contos ao alumnado de menor idade.
Neste video podedes ver o contentos e contentas que estaban todos e todas. Temos que repetir!













