Polo Día da Radio tres representantes do CEIP A Cristina visitamos as instalacións de radio do CEIP Canosa-Rus. Alí coñecemos o funcionamento da radio escolar, o seu proxecto e a súa biblioteca. Fomos convidados para facernos unha entrevista e compartir con eles o noso traballo sobre o humor e os deportes e que hoxe queremos compartir con vós. Agardamos que o desfrutedes.
Hoxe, 13 de febreiro, celébrase en todo o mundo o Día da Radio.
Aínda que esta conmemoración instaurouse en novembro do ano 2011, a súa data ven conmemorar o 13 de febreiro de 1946 xa que foi o día no que se deu vida á Radio das Nacións Unidas con tres obxectivos fundamentais: concienciar á xente e aos medios sobre a importancia da radio, proporcionar información accesible a todos e todas e mellorar a cooperación entre o mundo.
Como xa sabemos, a radio segue a ser un dos medios de difusión e comunicación máis importante e no CEIP A Cristina queremos darlle cabida dentro da educación e aprendizaxe dos nosos alumnos e alumnas.
Por isto, hoxe queremos compartir con vós un podcast creado entre todas as aulas do centro baseado no proxecto anual "Os xogos olímpicos e o deporte" pero dándolle un toque de humor.