Amosando publicacións coa etiqueta Día do amor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do amor. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de febreiro de 2020

Contacontos polo Día do Amor e da amizade

Hoxe na biblioteca, as alumnas e alumnos de infantil recibimos a visita de Natalia, a nai de Marcos, que veu contarnos unha fermosa historia de amor, "Unha parella diferente", na que un crocodilo e unha xirafa namorados tiveron que padecer as miradas, burlas e comentarios dos seus veciños e achegados.






E rematamos a sesión  cantando todos xuntos unha preciosa e sabia canción de Maria Fumaça "Eu teño alguén".





 Encantounos!! Agardamos que volvas repetir moi pronto. 
Moitísimas grazas!!!!



Lembrade que aínda tedes a vosa disposición outras fermosas lecturas no expositor da biblioteca que chegarán ao máis profundo do voso corazón.


venres, 14 de febreiro de 2020

14 de febreiro, Día do Amor e da Amizade.

Hoxe celébrase o Día do Amor e da Amizade , un día no que debemos lembrar a importancia do agarimo, o respecto e a solidariedade aínda que debemos celebralo cada un dos días da nosa vida.

Por iso este curso gustaríanos dedicalo as nosas alumnas e alumnos de 6º de infantil e de 6º de primaria, dado que para o vindeiro curso darán un gran paso na súa vida: uns cambian de etapa pasando da infancia á nenez, de infantil a primaria, mentres que  outros pasan da nenez á adolescencia, de primaria a secundaria.

Entre ambas aulas levan forxando unha gran relación de amizade nos últimos tres anos a través dos apadriñamentos lectores, da súa compaña durante as lecturas ao sol, coidando e deixándose coidar durante os patios e os recreos na biblio.

Dín que os amigos son os irmáns que se poden elixir, e como podemos ver a continuación este dito ten moita razón...


                     



Feliz día do amor e da amizade a todas e todos!

xoves, 14 de febreiro de 2019

PHOTOCALL DE AMOR

Este mes celebramos unha emoción marabillosa: O AMOR. 
Por iso, durante estas semanas, na biblioteca, os nenos estiveron enchendo corazóns con poemas de amor para aquelas persoas as que queren moito.
Todos eles, no día de hoxe, poideron facerse unha foto no photocall do recuncho de nuno.




Ademais, desde o equipo de biblioteca queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras para este mes.