Amosando publicacións coa etiqueta papiroflexia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta papiroflexia. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de maio de 2020

Eu aprendo na casa

Bos días a todos e todas:

Hoxe compartimos con vós algúns dos traballos de Gael, de 3º de primaria, que xa está feito todo un experto no ámbito das Artes Plásticas!!

Bravo Gael, eres un artista!!

Gael elaborou coa técnica do origami un muíño de papel co que poderedes decorar as vosas macetas e ver como o vento fai o seu traballo.


Coa mesma técnica tamén creou unha das nosas mascotas preferidas, que seguro moitos de vós tendes na casa.



E finalmente, comparte con nós a súa maqueta con distintos relevos paisaxísticos. Encántanos!!!!



Noraboa Gael! Un gran traballo!

Se vós tamén queredes poñer a proba as vosas dotes artísticas, deixámosvos os seguintes vídeos onde paso a paso poderedes aprender a crear os vosos traballos plásticos de papiroflexia. Non esquezades compartir con todos os resultados!







xoves, 26 de marzo de 2020

Recursos sobre o COVID-19/ Papiroflexia

Hoxe a familia Palanca Cousillas quixo aportar o seu grao de area para que todos e todas podamos entender mellor como actúa este virus e como debemos afrontalo e vencelo!!! Pero dunha forma moi orixinal e divertida,a través dun ...


Conto feito con Papiroflexia!

Mirade, mirade:



Moitas grazas pola vosa aportación familia!!!!!

e vós, animádesvos a intentalo??? Ánimo!

mércores, 25 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Papiroflexia

Hoxe Mateo e Rodrigo tráennos outra xenial idea para desfrutar de momentos entretidos na casa que mañán podemos intentar todos e todas, construíndo.....


Figuras de origami

O origami, trátase dunha arte de orixe xaponesa de pregado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para facer distintas figuras, aínda que tamén podedes coñecelo polo nome de Papiroflexia.


Imos a intentalo:

 1º) Equipámonos de materiais: titorial para guiarnos, papel e quizais un chisco de pegamento ata que non teñamos moi práctica.


2º) Seguimos atentamente os pasos do titorial





3º) Debuxamos os detalles do noso personaxe








4º) E xa temos listos uns cantos animais cos que poder facer un teatro de títeres!



Parabéns polo voso traballo e pola ensinanza que nos acabades de dar.
 Quedáronvos inmellorables!!!!