martes, 17 de marzo de 2020

Recursos fronte ao COVID-19

Benquerido alumnado e familia:

Tendo en conta a crise sanitaria que todos e todas estamos vivindo neste momento, dende o recuncho de Nuno queremos compartir con vós unha serie de recursos co fin de explicar aos máis pequenos dunha forma sinxela e clara que é un virus, como xestionar as súas emocións así como hábitos de hixiene que hoxe máis que nunca debemos empregar para frear a súa transmisión.

A continuación compartimos con vós un conto elaborado pola Sección de Psicoloxía Clínica, da saúde e psicoterapia do Colexio oficial da Psicoloxía de Madrid titulado Rosa contra el virus.





Outro breve conto titulado COVIBOOK pode servir como unha ferramenta dende a fantasía e o simbólico para acompañar o mundo emocional infantil frente ao covid-19 que podedes imprimir para colorear e ter o libriño sempre á man.







Tamén queremos divulgar un documento publicado dende o Hospital Infantil Universitario Niño Jesús, da Comunidade de Madrid, no que ofrecen unhas pautas e orientacións para que axudedes aos vosos fillos e fillas  a comprender a situación na que nos atopamos.


10 FORMAS DE AYUDAR A LOS NIÑOS A AFRONTAR EL BROTE DE COVID-19 Y EL AISLAMIENTO EN CASA



E finalmente, compartimos con vós unha canción dos Lunnis que pode axudar aos nenos e nenas a lembrarlles a importancia de lavar as mans para evitar moitas enfermidades.





Sen máis, queremos mandar moito ánimo e paciencia, así como moita ilusión e calma para que pronto podamos voltar de novo á normalidade.

 E xa sabedes, se queredes que publiquemos algún tipo de contidos que nos faga a quedada na casa máis levadeira poñédeo nos comentarios ou no correo electrónico ceipacristinabiblioteca@gmail.com ! Seguiremos en contacto!

Eu quedo na casa/ Eu leo na casa

A proposta para hoxe seguro que será unha das preferidas dos nenos e nenas de 3 anos. Agardamos que o desfrutedes!






LEMBRADE! Se vós queredes contar os vosos contos preferidos e compartilos con todos e todas nós, podedes pedir axuda aos vosos maiores para que vos axuden a facelo gravándoo en vídeo e mandalo á seguinte dirección de correo: ceipacristinabiblioteca@gmail.com ,
así como tamén podedes facer debuxos sobre os contos que vedes cada día, mandárnolos co voso nome e publicarémolos ao día seguinte.
ANIMÁDEVOS!

luns, 16 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Eu leo na casa

Dende o recuncho de Nuno unímonos a esta iniciativa para que cada día sigamos mantendo a hora de ler, polo que diariamente subiremos un videoconto para que desfrutedes pequenos e grandes dende os vosos fogares.

No seguinte vídeo atoparedes unha divertida proposta para hoxe:






 Se vós queredes contar os vosos contos preferidos e compartilos con todos e todas nós, podedes pedir axuda aos vosos maiores para que vos axuden a facelo gravándoo en vídeo e mandalo á seguinte dirección de correo : ceipacristinabiblioteca@gmail.com ,
así como tamén podedes facer debuxos sobre os contos que vedes cada día, mandárnolos co voso nome e publicarémolos ao día seguinte.
ANIMÁDEVOS!

martes, 10 de marzo de 2020

Visita de Natalia Raña Fuentes

Hoxe todo o alumnado de educación primaria tivo o pracer de recibir a visita dunha das grandes deportistas galegas que investigamos polo Día internacional da Muller, Natalia Raña.

 Acudiu ao noso centro para animarnos, a través do seu exemplo, a cumplir os nosos soños, independentemente do noso sexo, idade ou raza.

 Contounos a súa longa andaina dentro do mundo do deporte, as distintas modalidades nas que participou ao longo da súa vida, os seus éxitos e vivencias, a roupa e materiais que emprega, o que tivo que esforzarse cada día para lograr os seus obxectivos... Pero o que nos remarcou en distintas ocasións foi que o máis importante é que debemos divertirnos mentres practicamos e participamos en actividades deportivas, dado que hai que mirar o momento e non o resultado.

 Moitas grazas pola túa visita, polos teus consellos e por todo o que nos ensinaches hoxe.


 Mostrámosvos a continuación unha pequena mostra da súa visita.




venres, 6 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller

Este curso no CEIP P. A Cristina quixemos conmemorar esta data relacionándoa co noso proxecto anual de centro baseado nos deportes.

Por iso ao longo das semanas, nas distintas aulas do noso centro, levouse a cabo un traballo de investigación sobre Mulleres Deportistas Galegas dado que todavía queda moito por andar para que o seu traballo sexa difundido e visibilizado en todos os ámbitos da nosa sociedade: deportivo, comunicativo, social, educativo...

Hoxe queremos compartir con vós un anaco do noso traballo e do traballo destas grandes mulleres galegas deportistas.


























NORABOA CAMPIONAS!

martes, 3 de marzo de 2020

Outro contacontos moi especial

Onte tres alumnas de 2º de EP visitaron a aula do alumnado de 3 anos para contarlle un conto sobre o personaxe máis querido nesa aula, Elmer.

Carmen, Aroa e Natalia fixeron a mellor das súas narracións para ensinarnos o divertido que é Elmer e como se disfraza cada carnaval.

Moitas grazas chicas, encántanos que nos fagades estas visitas!!!


luns, 2 de marzo de 2020

Vindeira conmemoración..... Día Internacional da Muller.

No CEIP P. A Cristina xa nos puxemos mans á obra para conmemorar unha data moi especial (e tamén moi necesaria) do noso calendario escolar, o Día internacional da Muller; data que conmemora a loita das mulleres por participar en igualdade de condicións co home e facer valer os seus dereitos.

As orixes deste día datan de 1910, cando un grupo de mulleres de 17 países reuníronse en Dinamarca con dous motivos: fortalecer o avance na igualdade de xénero e a defensa dos dereitos das mulleres e impulsar a universalidade do voto feminino. Grazas a dito acto o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 19 de marzo de 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins aos que asistiron máis dun millón de persoas que esixiron para as mulleres o dereito de voto, o dereito de ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.




En España, o 8 de marzo de 1910 ten tamén unha significación especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior en igualdade de condicións que o home, aínda que a conmemoración do 8 de marzo como día da muller non se comezou a celebrar no noso país ata o ano 1936.


Un curso máis queremos dar a coñecer, dende o noso centro, a grandes mulleres da nosa cultura. Pronto... ofrecerémosvos máis información.

Mentres agardamos polos resultados dos magníficos traballos podedes botar unha ollada na exposición de lecturas sobre esta temática que tedes á vosa disposición na entrada do centro para ler en familia.
Algunhas das lecturas recomendadas que podedes atopar son as seguintes:






Ademais podedes mandar moito ánimo e pensamentos positivos ás nenas e nenos de 4º de primaria que levan traballando moitas semanas na súa ilustración coa que participarán no concurso de deseño do Cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller convocado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade.

Moita sorte chicas e chicos, sodes uns artistas!!!