xoves, 2 de abril de 2020

Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Hoxe, 2 de abril tamén celébrase o 

    Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo


co fin de visibilizar a realidade deste colectivo, as súas necesidades e tamén capacidades. 

Por iso, varias familias do centro quixeron conmemorar este día para fomentar a concienciación sobre o autismo e compartiron con nós algúns traballos.


Dani Casal, de infantil, elaborou coa axuda dos seus pais un divertivo e colorido Muíño de vento que podedes ver a continuación:






E Mateo, de infantil, e Rodrigo, de primaria, crearon unha orixinal sopa de letras moi significativa.
























MOITAS GRAZAS FAMILIAS 
POLA VOSA COLABORACIÓN.


Ademais compartimos con vós unha adaptación de Caillou que nos explica a grandes rasgos as características dun neno con autismo, así como un libro infantil sobre dita temática.








Deixámosvos tamén unha web con moitos recursos para o alumnado TEA.

https://quecamandiles.com/apps-y-webs-para-alumnado-tea/

e lembrade:


#DÍAMUNDIALDOAUTISMO

#NON VIVEN NO SEU MUNDO, VIVEN NO NOSO!!!

O CEIP P. A CRISTINA POLA DEFENSA DA PLENA INCLUSIÓN SEMPRE!!!

Día Internacional do Libro infantil 2020

A continuación mostrámosvos algunhas das recomendacións literarias enviadas por algúns dos alumnos e alumnas do noso cole.

Marcos de 5º de infantil e a súa familia, son grandes lectores de obras infantís. Na súa casa, cóntannos, que dispoñen dunha ampla biblioteca pero que os seus preferidos son os seguintes que podedes ver nas imaxes:




Algúns deles os temos na nosa biblio, pero outros que nos ensinan....Témolos que adquirir en canto poidamos para poder levalos a casa emprestados!!!



Carmen, de 2º de primaria, tamén é unha das mellores lectoras do cole, xa dende pequeniña, e como lle resulta moi complicado elixir un preferido..... envíanos algúns dos que non se esquece e que recomenda ler a todos e a todas.



Tamén nos ensina os que está a ler durante estes días na casa. 
Unha gran elección!, xa que Isadora Moon é unha das coleccións máis demandadas na nosa biblio.
 Xa nos contarás se a tí tamén che gusta tanto Carmen!



A profe Adriana, de infantil,  tamén quixo compartir a súa selección de libros infantís favoritos.



E por último, Mateo de 6º de infantil e Rodrigo de 4º de primaria, compartiron un dos mellores clásicos da nosa historia dun xeito moi orixinal. A ver se adiviñades cal é....

                   














Moitas grazas a todos e todas polas vosas recomendacións!

 Feliz Día do Libro Infantil!

mércores, 1 de abril de 2020

Día das Artes Galegas

Hoxe polo Día das Artes Galegas varios alumnos e alumnas únense a compartir a súa creatividade e riqueza artística con todos e todas nós.

Alba, de 4º de infantil, e Mara de 6º de infantil, hoxe colleron os seus pinceis para compartír con nós a súa creatividade e preciosas composicións. Alba coa técnica do puntillismo, e Mara quixo honrar a Luís Caruncho e a súa obra abstracta cunha magnífica pintura.

Parabéns chicas!!







Mateo, de 6º de infantil, quixo honrar neste día das Artes galegas a un dos máis grandes artistas plásticos galegos de tódolos tempos, Luís Seoane. Mirade o paso a paso da súa obra:
















Sara Antelo Fraga, de 4º de infantil, leva semanas traballando nas artes plásticas. A semana pasada desenvolveu o seu traballo con ceras e esta semana pasouse á técnica de acuarela.







Germán, de 6º de infantil, e Fabiola Sánchez González, de 4º de infantil realizaron obras baseadas en retratos modernistas moi orixinais relacionados cos estados de ánimo:




Lydia Lamas Santos, de 4º de infantil, quixo compartir con todos e todas nós a súa obra artística elaborada coa técnica do puntillismo.

Un gran traballo por parte dunha grande artista. 
Envíanos o paso a paso da súa obra:











Parabéns a todos e a todas, uns traballos fantásticos!!!

Moitas grazas por compartilos con nós.

Xogos de Educación Física para facer na casa durante a cuarentena.

O profe Suso e a mascota Plufi enviáronnos un enlace onde poderedes atopar moitos xogos e actividades divertidas relacionadas con moitos dos contidos que se traballan en Educación Física que todos e todas podemos facer dende os nosos fogares.




Ademais, mándannos un xogo que atoparon estes días:

O xogo do CORONAVIRUS: IDEAL PARA QUE OS nenos e nenas NOn esquezan lavar as súas MáNS.

Este xogo axuda a que os nenos e nenas sexan conscientes da importancia de lavar as máns varias veces ao día, non so en situacións excepcionais, senón que sexa un hábito para eles e elas:
  1. Pintar aos peques o debuxo dun coronavirus no dorso da man cada mañá (é importante elixir un rotulador que non perxudique a súa pel).
  2. Durante o día terá que borrar o debuxo con auga e xabón. Cantas máis veces se lave, mellor.
  3. Se pola noite conseguíu  borrar o coronavirus, ¡gañará un punto!
  4. Se acumula 20 puntos en 20 días, ¡obterá un premio!

Eu leo na casa/ As editoriais tamén se suman

Hoxe queremos compartir con vós todas as iniciativas de moitas das editoriais coas que traballamos na nosa biblioteca, que tamén queren axudar a facernos máis levadeiro este tempo na casiña.


Editorial BRUÑO:



La A aventurera

Mis primeros cuentos cortos

Caperucita de colores

Cuentos cortos de animales en peligro  

Lola Pimienta y el secuestrador de perros


ANAYA INFANTIL Y JUVENIL




XERAIS


 Feliz feroz El Hematocrítico (2016), a partir de 6 años.

Fred Quincalla, o nómade do mar, Teresa González Costa (2017), a partir de 8 años

Vaia tropa, Antón Cortizas (2011), a partir de 9 años

Dragal. A estirpe do dragón, Elena Gallego (2015), juveniL


SM INFANTIL



                  Cuentos animados (tanto en castellano como en inglés)
                  Lectoescritura
  
Coloreables:



APP educativas

      
                        Castoria

              
SM PRIMARIA



Canal completo de YouTube  para repasar materias como Matemáticas, Lengua, Ciencias de la Naturaleza, etc.


Lectura: Los que ya leen solos pueden disfrutar del nuevo número de la revista ¡Al abordaje!, con pasatiempos, reportajes, juegos y un concurso para ilustrar cubiertas de libros

Encuentros con autores a través de instagram:  eventos virtuales para que estar en casa sea el mejor plan. Prepárate para conocer a algunos de nuestros autores a través de nuestras cuentas de Instagram para lectores de literatura infantil (@LiteraturaSM)

Manualidades: En la web oficial de LosFutbolisimos.com los lectores y lectoras encontrarán artículos con manualidades muy entretenidas para hacer en casa: cómo construir un futbolín casero o cómo hacer un campo de fútbol con chapas, entre otras divertidas propuestas. Además, tanto en Netflix como en Movistar ya está disponible la película Los Futbolísimos, basada en la primera novela de la colección.

Apps educativas:  Con M.A.R.S. (Misión para Aprender Repasando con SM) los alumnos de 3º a 6º de Primaria pueden seguir aprendiendo Matemáticas, Ciencias Sociales, Lengua, Ciencias de la Naturaleza e Inglés. Te dejamos los códigos de activación gratuitos para cada curso:

3º MARS3EP  4º MARS4EP  5 º MARS5EP  6 º MARS6EP

  1. ¿Cómo descargar y desbloquear M.A.R.S para acceder gratuitamente a todo el contenido?
  2. Accede a apprender.sm y crea una cuenta a tu nombre o al de tu hijo.
  3.  Una vez creada, busca la app en la web, dale a obtener y copia y pega el código de cada app.
  4. ¡Ya está activada! Recibirás un e-mail con el link para descargarte la app

SANTILLANA (PREMER  AQUÍ  e unha vez dentro copiar e pegar o usuario e contrasinal do libro elexido). 



+ DE 6 ANOS


USUARIO:   99999980-18112-0001
CONTRASEÑA:   6EiMkDNW


USUARIO: 99999980-18112-0002  
CONTRASEÑA:   J93GaXj3

USUARIO:  99999980-18111-0001 
CONTRASEÑA:    6Zcxw3SC




USUARIO:   99999980-18111-0002
CONTRASEÑA:   9HwMDBXp



+ DE 8 ANOS




USUARIO:  99999980-18114-0001 
CONTRASEÑA:  SKm9rA2a


USUARIO:   99999980-18114-0002
CONTRASEÑA:  txMpPVaX



USUARIO:99999980-18113-0001
CONTRASEÑA: FNaPdAZ8



USUARIO:99999980-18113-0002
CONTRASEÑA: czspxz3c



+ de 9 ANOS

USUARIO:    99999980-18109-0001

CONTRASEÑA :     Ds7PXUnT


USUARIO:  99999980-18109-0002

CONTRASEÑA:     2HgZqECM




USUARIO:  99999980-18110-0001   
CONTRASEÑA: TKMrfsh5


USUARIO:  99999980-18110-0002 
CONTRASEÑA:  ePsuGuCp 




XUNTA DE GALICIA

Non tés carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca que elixiches a solicitar o teu carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.