xoves, 23 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO (IV): TRABALLAR UN CONTO

 A aula de 5º de Infantil traballou os libros dun xeito diferente e moi especial: dando vida ás ilustracións dos contos cos propios alumnos e alumnas como protagonistas. Así, os nenos e nenas convertéronse en auténticos personaxes das historias que tan ben coñecen, mergullándose nelas dunha forma creativa e emocionante. 

Parabéns á profe Raquel pola súa marabillosa montaxe!









SEMANA DO LIBRO (III): BIBIOTECA REGO DA BALSA


Un ano máis, colaboramos coa exposición organizada na Biblioteca Municipal, Rego da Balsa, achegando os traballos relizados no centro en relación con tema do Salón do LIbro "A MÚSICA".





SEMANA DO LIBRO (II): TEATRO

 



Na semana do Libro, o Concello organizou unha xornada teatral: a representación "Coralinda", á que asistimos o alumnado do cole.

Unha sensibilización á emigración, que os nenos desfrutaron e debatiron.






OBRADOIRO DE IMPRENTA


 Fomentando o pracer pola escritura e a lectura, englobado dentro das directrices do PLEA e co lema de Bibliotecas Escolares para este curso, decidimos impartir un obradoiro con ALOUETTE MACHINE:  unha imprenta itinerante que recupera a tipografía tradicional. O alumnado de 2º e 3º curso de primaria,  aprendeu a xogar  cos elementos gráficos e a descubrir como se elaboraban antigamente libros, carteis ou postais, empregando ferramentas como prensas, tintas e tipos de madeira.

A nosa proposta foi a realización dun Scrabble colectivo, composto por palabras motivadoras (compartir, imaxinar...), enchendo o espazo de mensaxes cheas de creatividade, para decorar a biblioteca. Ademais fixemos carteis para anunciar unha obra de teatro que se está preparando no 2º ciclo, e publicidade por unha campaña solidaria na que colaboramos co concello. 

                        Unha chulada!














luns, 20 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO: VISITA DE ÉRIKA ESMORÍS

 No día de hoxe coñecemos, en persoa, á autora do libro "Nena e o mar", obra que leron os primeiros participantes do clube de lectura.

Tivemos o pracer de recibir a Érika Esmorís e comentar con ela algunhas das pasaxes máis emotivas do libro e de resolver as curiosidades do alumnado a través das preguntas que prepararon. A autora desfrutou dos diferentes traballos que "os nosos navegantes" realizaron sobre a obra.
























































xoves, 16 de abril de 2026

XOGAMOS NA BIBLIO!!

 


Seguindo a idea de que a biblioteca é tamén un espazo lúdico e fedelleiro, decidimos ampliar os nosos fondos incorporando xogos. A proposta chegou da man dunha libraría que nos achegou distintas opcións, mais a decisión final recaeu nos verdadeiros protagonistas: as nosas “cristinas” e “cristinos”.

Deste xeito, podemos observar como investigan, exploran e deixan voar esa curiosidade  que os caracteriza .Así, estendemos os brazos da biblio un pouco máis, para acubillar a estes fedelleiros de corazón inquedo e ollos brillantes. 

Porque na biblioteca tamén se aprende xogando, se medrarindo e se constrúe compartindo.





xoves, 9 de abril de 2026

HOXE SOMOS... OTTO

 Otto é un dos personaxes principais do libro "La muy catastrófica visita al zoo". Trátase dun neno extremadamente intelixente, semellando un dicionario ambulante. É fillo de pais separados. Ten moita facilidade para abordar calquera temática e profundizar sobre ela.

No día de hoxe, os participantes do club de lectura quixemos ser "Otto". Primeiro, eleximos un tema que nos gustase e no cal nos considerásemos expertos. Logo, elaboramos un pequeno borrador abordando aspectos sobre ese tema. Por último, correximos os erros, repasamos a estrutura e compartimos a nosa ponencia cos demais.

As conferencias tocaron temáticas diversas: deportes, linguas, zooloxía... Leo falou de fútbol, Marta de voleibol, Nerea dos animais, Dua do "urdu" (idioma de Pakistán), Évelyn das diferencias entre o brasileiro e o portugués...