mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 Ola lectores e lectoras,

Nuno e Nuna deséxanvos que pasedes un gran Días das Letras Galegas



venres, 12 de maio de 2023

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA REGO DA BALSA

                                                                   


   Co gaio de conmemorar o Salón do Libro de Pontevedra, co                lema para este ano 

                    "Libros para xogar"

 a biblioteca Rego da Balsa, convidounos a participar na exposición de traballo relacionados co xogo.

 Nós levamos todo o atrezzo relacionado co Entroido, xa que o noso tema foi "Os cociñeiros xogan na Cristina", os carteis dos vídeos dos Xogos tradicionais da nosa visita ao Museo Melga e obradoiros de escrita, todo elaborado polo alumnado de 3º e 4º de primaria.






luns, 8 de maio de 2023

DÍA DE EUROPA

 


Hoxe conmemoramos o Día de Europa.

E para entender un pouco mellor  que é iso de Europa e a nosa relación con ese continente, propoñemos dous libros moi sinxelos que nos van axudar.







martes, 2 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO (7)

 Ola lectores e lectoras,

Nesta ocasión podedes ver os marabillosos xogos con contos que desfrutaron na aula de 4 anos.

A partir de contos que xa coñecen, traballaron a conciencia fonolóxica e a memoria, relacionando palabras significativas do conto coa súa portada e cos personaxes ou accións dos mesmos.